Lugo Inédito
Prodixios que fan única unha provincia
Lugo, a provincia máis extensa de Galicia, atesoura nun único territorio diferentes realidades que nos falan de auténticos milagres da natureza, períodos de esplendor histórico e de formas de vivir que son o resultado da relación do home e o seu medio natural, as súas ideas e crenzas que durante o transcurso do tempo foi materializando en forma de construcións e lugares que hoxe nos remiten á forma na que os nosos predecesores observaron e souberon adaptarse á súa contorna.
Esta particular visión da vida permítenos falar dunha terra que garda numerosos recunchos e misterios ligados á súa memoria. Verdadeiros prodixios que teñen o privilexio de poder colgarse a etiqueta de únicos.
Lugo Inédito pretende ser unha proposta que sirva de fío condutor para coñecer toda a provincia a través de elementos do seu patrimonio que a fan diferente. Lugares que posúen trazos que os singularizan nun contexto determinado e que nos fan a todos os lucenses donos dun orgullo que agora desexamos compartir contigo.
Terras do Miño, a primeira e máis extensa Reserva da Biosfera de Galicia
A Mariña Lucense
- Souto da Retorta: o bosque dos xigantes
 - Trala pegada dos normandos
 - Morás: a obra mestra do mar e do vento
 - Sargadelos: o soño dun visionario feito realidade
 - Fazouro: o castro que mira ao mar
 - San Martiño de Mondoñedo: o legado de Britonia
 - Círculos líticos: o segredo das pedras
 - As Catedrais-Augasantas: o capricho do Cantábrico.
 - Rei Cintolo: unha viaxe ás entrañas da Terra
 - Polo camiño do tren mineiro
 - Mondoñedo: un dos pobos máis fermosos de España
 - Serra do Xistral: o fogar das néboas
 
Lugo - Terra Chá
- A Muralla que nos une
 - O misterio de Santa Eulalia de Bóveda
 - Torques de Burela: o tesouro da provincia
 - A domus do mitreo: 2000 anos de historia en 700 m2
 - Castelo de Pambre: icona da Galicia medieval
 - Monte Farelo: unha das mecas da arte rupestre galega
 - O Crismón de Quiroga: símbolo do primeiro cristianismo en Galicia
 
Ancares - Courel
- A Fonsagrada: o municipio máis extenso de Galicia
 - As pallozas de Ancares: testemuñas dunha forma de vida única
 - A Rogueira: o auténtico bosque atlántico galego
 - San Pedro Fiz de Hospital: a única igrexa de mármore de España
 - Os Grobos: un bosque de conto
 - O “Santo Grial” do Cebreiro
 - O Courel: referente mundial en xeoloxía
 - O mosteiro de Samos: o máis antigo de occidente
 
