Canón do Sil (Ponte do Sil- Santa Cristina - Ponte do Sil)
Esta ruta parte do embarcadoiro da Deputación de Lugo - Ponte do Sil (Monforte de Lemos) e percorre o encoro de Santo Estevo polo Canón do Sil, espazo declarado Zona de Especial Conservación no marco da Rede Natura 2000 y Reserva de la Biosfera. Durante a travesía, que transcorre entre as Provincias de Lugo e Ourense, bordéanse os municipios de Monforte de Lemos e Sober na ladeira norte e Castro Caldelas, A Teixeira e Parada de Sil na ladeira sur.
No primeiro tramo do percorrido, dende Ponte do Sil a San Cosmede, a ruta fluvial permite achegarse á realidade da viticultura heroica, singularizada nas empinadas ladeiras do municipio de Sober, que alcanzan desniveis de gran verticalidade nas zonas de maior pendente, correspondentes á subzona de produción Amandi, no seo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. E é precisamente o viño o que fixo deste territorio un lugar cheo de dinamismo que nos últimos anos se consolidou como un referente para o turismo rural e enolóxico.
No segundo tramo da travesía, desde o Priorado de San Cosmede ata o mosteiro de Santa Cristina, perfílase a profunda e rochosa garganta do Sil. É aquí, no corazón da Ribeira Sacra, onde atopamos un dos grandes prodixios xeolóxicos de Galicia e desta terra de ermitáns, onde a pegada medieval deixou na contorna dos cursos fluviais unha das maiores concentracións de románico rural de Europa.
Punto de partida e chegada da ruta: Embarcadoiro da Deputación de Lugo - Ponte do Sil (Monforte de Lemos) 42°24'35.3" N 7°26'37.2" W
Duración aproximada do percorrido: 2 horas
Compre AQUÍ os billetes na web.
Descargue AQUÍ o tríptico informativo das rutas fluviais para a tempada 2022.