Bens Patrimonio da Humanidade
A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade aqueles bens ou territorios que polo seu valor cultural, natural ou histórico son merecedores da protección e recoñecemento mundial.
Na provincia de Lugo contan actualmente con esta consideración a muralla romana de Lugo e os Camiños de Santiago Francés, Primitivo e Norte, incluíndose na declaración destes dous últimos as catedrais de Lugo e Mondoñedo.
Todos estes bens son auténticos símbolos de ideas e valores humanos, ilustran etapas significativas da Historia ou constitúen verdadeiras obras mestras do xenio creador, cumprindo polo tanto con diferentes criterios que a UNESCO establece como requisitos para a declaración de Patrimonio da Humanidade.
Descubre máis nas seguintes ligazóns: