O Camiño Francés
É o itinerario máis recoñecido internacionalmente e máis transitado por peregrinos de todo o mundo. A súa consolidación é produto do labor de promoción deste percorrido realizada desde a Idade Media por monarcas como Sancho III ou Alfonso VI e tamén da influencia da guía medieval do Camiño por antonomasia: o libro V do Códice Calixtino, atribuído ao francés Aymeric Picaud. Esta obra tiña por finalidade facilitar información para chegar a Santiago, favorecendo o fenómeno da peregrinación a través da información que proporcionaba aos que emprendían rumbo a terras compostelás.
No século XX o Camiño Francés vivirá unha auténtica recuperación na que xogarán un papel esencial a celebración dos Anos Santos Xacobeos (aqueles en os que o 25 de xullo cae en domingo) e o labor de personaxes como Elías Valiña Sampedro, o “cura do Cebreiro”, un adiantado ao seu tempo que participou activamente no redescubrimiento desta ruta xacobea, intuíndo o seu potencial de atracción de millóns de persoas e deixando a súa inconfundible pegada nas frechas amarelas que el mesmo inventou e que se converteron no sinal recoñecido internacionalmente deste Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
O Camiño Francés, a través das súas catro etapas que transcorren integramente por terras lucense regálanos algunhas imaxes icónicas da Galicia interior: o pobo do Cebreiro, cos seus inconfundibles cumes, as súas singulares pallozas e o seu santuario prerrománico onde se gardan as reliquias do Santo Milagre, o mosteiro benedictino de Samos, con orixes no século VI, o casco antigo de Sarria; coas igrexas do Salvador ou o Convento da Magdalena, a igrexa de Barbadelo, a localidade de Portomarín e as igrexas románicas de San Nicolás e San Pedro, o castro de Castromaior ou a igrexa de Vilar de Donas, en Palas de Rei, situada nas proximidades do Camiño.