Ruta Transrománica na Ribeira Sacra lucense
O románico desenvolveuse en Galicia entre os séculos XI e XIII e, os vales fluviais do Sil e do Miño, convertéronse nun dos asentamentos con maior concentración de románico rural de Europa. No sur da provincia de Lugo podemos atopar ata 47 igrexas románicas.
A Asociación Ruta Transrománica, recoñecida como itinerario cultural polo Consello de Europa, incluíu a Deputación de Lugo entre os seus socios cunha selección de dez igrexas de dez concellos da Ribeira Sacra.
Nesta primeira selección inclúense:

San Xoán da Cova, Carballedo

Sta. María de Nogueira de Miño,Chantada

San Pedro de Ribas Altas, Monforte

Mosterio de Santa María, Ferreira de Pantón

San Facundo de Ribas de Miño, Paradela

San Nicolás ou San Xoán, Portomarín

Sta. María de Torbeo, Ribas de Sil

Sto. Estevo de Ribas de Miño, O Saviñao

Sta. María de Proendos, Sober
Ademais propoñemosche coñecelas todas nunha única ruta.