Xeodestino O Courel
O Xeodestino O Courel comprende os municipios de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.
Este territorio montañoso e agreste caracterízase polos seus bosques frondosos e os seus ríos cristalinos que debuxan un territorio cunha flora e fauna diversa, integradas nas orografías das Serras do Oribio e do Courel, destacando os cumios de Formigueiros e de Pía Paxaro. e os vales fluviais encaixados, como o do río Lor.
NATUREZA
Parte do xeodestino está dentro da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e o Courel, ademáis de formar parte da Red Natura 2000 a través da Zona de Especial Conservación Ancares – Courel. Este territorio tamén acolle o primeiro Xeoparque da UNESCO en Galicia, concretamente o de Montañas do Courel.
Entre os recursos naturais máis relevantes do territorio, atopamos as devesas da Rogueira e a de Romeor, ademáis de hábitats seminaturais de gran valor ambiental, como bosques de castiñeiros ou dos distintos tipos de sistemas de prados de sega e pardos de dente, que serven de sustento á fauna. No xeodestino pódense atopar bosques mediterráneos e bosques atlánticos
Esta serra do Courel ten unha extensión aproximada de 21.020 hectáreas e, xeolóxicamente, é unha das máis completas das serras galegas, o que significa que o territorio é frecuente atopar losetas e areniscas do Paleozoico Inferior, aínda que a presenza de bancos de cuarcita e caliza gris facilita a aparición de covas na zona.
PATRIMONIO CULTURAL
Os principais restos arqueolóxicos están vencellados ao megalitismo (necrópole de Santa Mariña) ou a minería romana como é o castro da Torre e Vilar así como as minas da Toca, Toribio e Millares ou o acueduto de Romeor.
A etnografía ten un papel importante no territorio, sobre todo se falamos de concentracións poboacionais tradicionais da montaña lucense como é o caso das aldeas de Seceda, Froxán ou Ferrerías do Incio. Ademáis conta con bens do patrimonio etnográfico que evidencia a estreita relación entre as persoas e o medio natural como son os sequeiros, ouriceiras, alvarizas ou ferrerías.
O Camiño Francés, patrimonio da Humanidade pola Unesco, tamén percorre este xeodestino, máis concretamente os concellos de Triacastela e Samos, lugar onde no século VI construíuse o mosteiro que está considerado o máis antigo de occidente. Tamén debemos engadir a este patrimonio as igrexas de Santiago de Triacastela, a Cruz do Incio, San Eufrasio ou San Fiz do Inicio, esta última construída en mármore e pedra caliza local.
O xeodestino tamén é terra de escritores, cuxo legado aínda perdura a día de hoxe, como pode ser o de Uxío Novoneyra, que ten a súa casa-museo en Parada (Folgoso do Courel) ou Fiz Vergara Vilariño, que conta cunha ruta literaria en Lóuzara.
GASTRONOMÍA
A gastronomía propia da montaña son os elementos estrela neste territorio, onde podemos destacar a castaña como base das elaboracións máis tradicionais ou os produtos derivados da tradicional matanza.
FESTAS DE INTERESE
O territorio conta con algunhas das festas máis senlleiras do país como pode ser a festa da Castaña do Courel, o Filandón de músicas (declaradas de Interese Turístico) ou a Pisa de Castañas.
Preme nas seguintes ligazóns para acceder ás webs de Turismo municipais: