Feiras e mercados da provincia de Lugo
As feiras e mercados son un punto de encontro entre comerciantes e consumidores, constituíndose como un elemento clave da economía, tanto das zonas urbanas como das rurais.
A día de hoxe existen centos de exemplos de feiras e mercados semanais, mensuais ou anuais ao longo de provincia de Lugo que forman parte da cultura popular dos seus cidadáns e que permite ao visitante coñecer e valorar a realidade social e económica das vilas e aldeas lucenses.