Xeoturismo na Terra Chá

PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO NA TERRA CHÁ

 

Fonmiñá- A Pastoriza
Pedregal de Irimia
Fonmiñá- A Pastoriza
Pedregal de Irimia

 

O PEDREGAL DE IRIMIA E A LAGOA DE FONMIÑÁ

En pleno corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño atopamos dous lugares ligados á orixe do pai dos ríos galegos que se suman á ruta de puntos de interese xeolóxico da provincia de Lugo.

Na Serra de Meira está situado o Pedregal de Irimia, emblemático nacemento do Miño que semella nos seus inicios un auténtico río de pedra. Na ladeira da montaña, unha gran morrena glaciar cuaternaria duns 700 metros de lonxitude acolle baixo o seu rochedo de cuarcitas as primeiras fontes do Miño.

E neste municipio atopamos a lagoa de Fonmiñá, tamén considerada pola tradición popular e como o seu topónimo indica, un dos nacementos do Miño. Con todo, esta lagoa é produto de procesos kársticos e hidrotermais que propiciaron o afloramiento á superficie dunha gran balsa de auga que se atopa baixo o val de Meira.

Tanto o Pedregal de Irimia como a Lagoa de Fonmiñá son visitables e na súa contorna acondicionáronse senllas áreas recreativas e rutas de sendeirismo como a do Miño-Eo, que percorre parte da Serra de Meira, ou o sendeiro homologado PR- G 153 “ Augas de Fonmiñá".

Máis información:

 

 

 

Reserva da Biosfera Terras do Miño

 

 

 

Deputación de Lugo (Medio Ambiente-Centro de Interpretación de Terras do Miño)

 

 

 

Telf.: 982 22 78 12

 

 

 

www.terrasdomino.deputacionlugo.org

 

 

 

terrasdomino@deputacionlugo.org

 

 

 

 

 

 

 

Oficina de Turismo de Meira

 

 

 

Praza do Convento, s/n

 

 

 

27240 Meira - Lugo

 

 

 

Telf. 618 679 632

 

 

 

turismo@concellodemeira.com

 

www.concellodemeira.com

 

 

 

 

 

Concello da Pastoriza

 

 

 

Telf. 982 332197

 

 

 

www.concelloapastoriza.es

 

 

 

administracion@concellodapastoriza.es