A Cova das Choias
Atópase situada en Biduedo, lugar do municipio de A Pobra do Brollón. Trátase dunha cavidade de orixe natural que foi aproveitada polos romanos para a extracción de ferro entre os séculos I a III.
A cova organízase en tres niveis en altura, accedéndose ao intermedio dende a entrada principal, a partir da cal se accede tamén á parte inferior, que á súa vez se atopa dividida en cinco galerías cuxo mineral foi explotado entre os séculos XVI e XVIII.
A Buraca das Choias debe o seu nome ao feito de estar habitada no pasado por unha bandada de chovas de pico vermello. Actualmente, a cova é refuxio dunha importante colonia de morcegos, podendo tamén atopar nela reliquias botánicas como o Schistostega pennata, un musgo luminiscente cuxa presenza se documentou aquí por vez primeira en España e que só se atopa en contados lugares da Península Ibérica, atopándose incluído na lista vermella de especies en perigo.
Durante os meses de verán o Concello da Pobra do Brollón organiza visitas guiadas á cova para grupos reducidos, previa reserva.