Unha viaxe polos mares interiores de Galicia

 

A Deputación de Lugo ofrece a posibilidade de percorrer a bordo das súas embarcacións turísticas o corazón da Ribeira Sacra, seguindo os cursos fluviais do Miño e do Sil polos encoros dos Peares e Santo Estevo.

Dúas son as rutas operativas nesta tempada: a ruta fluvial do Canón do Sil e a ruta fluvial do Cabo do Mundo, polo río Miño. As dúas rutas son o punto de partida ideal para tomar contacto coa Ribeira Sacra, coñecer as peculiaridades da súa xeografía, da súa historia e da súa realidade actual como candidata a Patrimonio Mundial da Humanidade.