banner

Coñece a túa provincia.

LISTAXE DE ENTIDADES ADMITIDAS, EN LISTA DE AGARDA E EXCLUÍDAS (B.O.P 16/08/2021)

Qué é?

Coñece a túa provincia é un programa da Deputación de Lugo que ten como fin a realización de viaxes gratuitos de un día de duración pola provincia destinadas a asociacións con sede na provincia de Lugo.

Os fins deste programa son:
- Contribuír á reactivación da hostalería e do turismo provincial para axudar a paliar os efectos adversos provocados pola pandemia da Covid 19, favorecendo a creación e mantemento do emprego directo e indirecto.
- Apoiar e dar visibilidade tanto aos diferentes destinos como aos establecementos e profesionais que forman parte da cadea de valor do sector do turismo e da hostalería na provincia de Lugo.
- Contribuír á recuperación da confianza da demanda turística e á promoción da provincia de Lugo como destino seguro.
- Servir como instrumento de sensibilización das veciñas e veciños sobre o potencial turístico dos 67 concellos da provincia de Lugo e da importancia da preservación do seu legado natural e cultural como elemento que contribúe ao desenvolvemento sostible no eido económico, social e medioambiental.
- No marco da Axenda 2030 (meta 8.9), impulsar un turismo sostible, que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.

 

1
2
3
4

 

A quen vai dirixido?

Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo.

Cada asociacións desfrutará dunha única viaxe na que poderán participar un mínimo de 11 persoas e o máximo de 23.

Na anualidade 2021 ofertaranse un máximo de 1242 prazas. 

Que inclúe o programa?

A excursión concedida a cada entidade beneficiaria do programa “COÑECE A TÚA PROVINCIA” incluirá o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Con cada grupo participante irá en todo momento un guía acompañante, sendo as visitas realizadas por profesionais que conten coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal encargado de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

 

Monforte de Lemos
Pantón
Museo Quiroga
San Facundo

 

En que datas se poderá desfrutar?

As entidades interesadas sinalarán na solicitude as semanas de preferencia para realizar a viaxe correspondente indicando un mínimo de tres opcións e un máximo de cinco, dentro das seguintes posibilidades:

- PRIMEIRA SEMANA: entre o 13 e o 17 de setembro.
- SEGUNDA SEMANA: entre o 20 e o 24 de setembro.
- TERCEIRA SEMANA: entre o 27 de setembro e o 1 de outubro.
- CUARTA SEMANA: entre o 4 e o 8 de outubro.
- QUINTA SEMANA: entre o 11 e o 15 de outubro.
- SEXTA SEMANA: entre o 18 e o 22 de outubro.
- SÉPTIMA SEMANA: entre o 25 e o 29 de outubro.
- OITAVA SEMANA: entre o 2 e o 5 de novembro.
- NOVENA SEMANA: entre o 8 e o 12 de novembro.

 

Devesa da Rogueira
Piornedo
Doncos
Samos

 

Cales son o destinos que se poden escoller?

 

Cada asosciación, na súa solicitude, poderá escoller entre un mínimo de tres e un máximo de cinco opcións, entre o seguinte catálogo.

 

A MARIÑA

RUTA 1 (O VICEDO E VIVEIRO)

Visita ao Fuciño do Porco e á praia de Abrela (O Vicedo). Visita á área etnográfica da Insua, praia de Covas (Viveiro) e á fervenza do Xestosa (Ourol).

RUTA 2 (XOVE E VIVEIRO)

Visita ao faro de Punta Roncadoira (Xove). Visita aos eucaliptos de Chavín e ao casco histórico de Viveiro.

RUTA 3 (CERVO)

Visita á fábrica de Sargadelos, ao paseo dos Namorados e á vila de San Cibrao: praia do Torno, carpintería de ribeira e Museo do Mar (Cervo).

RUTA 4 (BURELA E FOZ)

Visita ao porto pesqueiro e ao barco-museo boniteiro Reina del Carmen. Visita á vila de Foz (percorrido dende a praza Conde de Fontao á Rapadoira) e á basílica de San Martiño.

RUTA 5 (BARREIROS E RIBADEO)

Percorrido a pé polo paseo marítimo Barreiros, visita á praia das Catedrais e Rinlo. Visita ao casco histórico de Ribadeo.

RUTA 6 (LOURENZÁ E MONDOÑEDO)

Visita á igrexa parroquial do Mosteiro de Lourenzá, centro de interpretación da faba e cooperativa Terras da Mariña. Visita ao casco histórico de Mondoñedo.

RUTA 7 (O VALADOURO E ALFOZ)

Visita ao Pozo da Onza (O Valadouro) e Ferreira do Valadouro. Visita ao castelo de Castrodouro e á Finca Galea (Alfoz).

RUTA 8 (TRABADA, A PONTENOVA E RIOTORTO)

Visita a área recreativa da Choza (Trabada). Visita aos fornos da Pontenova e ao museo da pesca. Visita ao mazo da fraga en Ferreiravella (Riotorto).

 

 

RIBEIRA SACRA LUCENSE

RUTA 9 (MONFORTE)

Visita ao Pazo de Tor, visita ao casco histórico de Monforte de Lemos, explicación do Colexio do Cardeal e visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra.

RUTA 10 (SOBER, MONFORTE)

Visita á rectoral de Gundivós, visita á igrexa románica de San Xiao de Lobios e percorrido en catamarán polo Canón do Sil (catamarán da Deputación de Lugo).

RUTA 11 (SOBER, MONFORTE)

Visita a unha adega na subzona de Amandi, visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil e percorrido en catamarán polo Canón do Sil (catamarán da Deputación de Lugo).

RUTA 12 (O SAVIÑAO)

Visita ao Ecomuseo de Arxeriz, miradoiro do Cabo do Mundo e percorrido en catamarán polo Miño dende Belesar pobo (catamarán da Deputación de Lugo-suxeito a dispoñibilidade de datas). No caso de non estar dispoñible o catamarán, visitarase a igrexa de San Paio de Diomondi, realizarase a ruta dos codos de Belesar e visitarase unha adega.

RUTA 13 (TABOADA, CHANTADA)

Visita á igrexa de Taboada dos Freires e área recreativa de Ponte Mourulle (Taboada), visita ao casco histórico de Chantada, convento de San Salvador de Asma e visita a unha adega.

RUTA 14 (PANTÓN, CARBALLEDO)

Visita ao convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón, igrexa de San Miguel de Eiré, pobo dos Peares (Pantón/ Carballedo), igrexa de San Xoan da Cova (Carballedo) e visita a unha adega.

RUTA 15 (PARADELA, PORTOMARÍN)

Visita á igrexa de San Facundo de Ribas de Miño e miradoiro/embarcadoiro do Miño (Paradela). Visita á vila de Portomarín e os seus monumentos. Visita ao castro de Castromaior.

RUTA 16 (BÓVEDA, A POBRA DO BROLLÓN)

Visita á ferrería de Penacoba (Bóveda), adegas de Vilachá e castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón).

RUTA 17 (RIBAS DE SIL, QUIROGA)

Visita ao miradoiro de Louxoá e á igrexa de Torbeo (Ribas de Sil). Visita ao museo etnográfico de Quiroga e túnel romano Montefurado.

RUTA 18 (QUIROGA)

Visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga e miradoiro xeolóxico de Campodola. Visita a unha adega e ao Castelo de Torrenovaes.

 

 

O COUREL, ANCARES, TERRAS DE BURÓN E CAMIÑO FRANCÉS NA COMARCA DE SARRIA

RUTA 19 (O COUREL)

Visita á aula da Natureza de Moreda e bosque da devesa da Rogueira (contorna da aula), visita ao castro da Torre e á aldea de Seceda (Folgoso do Courel)

RUTA 20 (CERVANTES, NAVIA DE SUARNA)

Visita á aldea de Piornedo (Cervantes). Visita á localidade de Navia de Suarna.

RUTA 21 (BECERREÁ, AS NOGAIS, CERVANTES)

Convento de Penamaior e Ponte de Gatín (Becerreá), Torre de Doncos (As Nogais) e castelo de Doiras (Cervantes).

RUTA 22 (O INCIO)

Visita ao encoro de Vilasouto (ruta circular a pé), visita á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, aldea de Ferrería e monumento ao mamut (O Incio).

RUTA 23 (BALEIRA, RIBEIRA DE PIQUÍN)

Visita ás áreas recreativas de Fonteo e Cortevella (Baleira), visita á área recreativa do Chao do Pousadoiro, miradoiro de San Xurxo e fervenza da Pena dos Portelos (Ribeira de Piquín).

RUTA 24 (A FONSAGRADA, NEGUEIRA DE MUÑIZ)

Visita á seimeira de Vilagocende, Museo Comarcal (A Fonsagrada) e visita a unha adega (Negueira de Muñiz).

RUTA 25 (PEDRAFITA DO CEBREIRO, TRIACASTELA)

Visita á aldea do Cebreiro (santuario e palloza- museo), percorrido polo Camiño Francés ata o primeiro hito (2 km) e visita á localidade de Triacastela.

RUTA 26 (SAMOS E SARRIA)

Visita ao Mosteiro de Samos, capela do Ciprés e casco histórico de Sarria.

 

 

LUGO, A ULLOA E A TERRA CHÁ

RUTA 27 (LUGO)

Muralla e casco histórico de Lugo, Museo Provincial, capela do Carme, sala Porta Miñá, ponte romana, termas romanas.

RUTA 28 (MEIRA, CASTRO DE REI E A PASTORIZA)

Visita ao castro e museo de Viladonga (Castro de Rei), Pedregal de Irimia, Igrexa de Santa María (Meira) e lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza).

RUTA 29 (COSPEITO, VILALBA)

Visita á lagoa de Cospeito e museo das aves, casco histórico de Vilalba e Museo Arqueolóxico e da Prehistoria.

RUTA 30 (GUITIRIZ, FRIOL)

Visita á ponte e igrexa de San Alberte, fonte de Pardiñas e visita a unha panificadora (Guitiriz), visita ao Museo de San Paio de Narla e paseo fluvial (Friol).

RUTA 31 (BEGONTE, RÁBADE, OUTEIRO DE REI)

Visita á lagoa de Riocaldo (Begonte), ponte vella e contorna do Miño -Insuas do Miño- (Rábade), demostración de olaría de Bonxe e visita a Penas de Rodas (Outeiro de Rei).

RUTA 32 (ABADÍN, A PASTORIZA, POL)

Igrexa de Santa María (Abadín), museo etnográfico- pedagóxico Villapol (A Pastoriza), muíño do Pacio e área recreativa do Azúmara (Pol).

RUTA 33 (XERMADE, MURAS):

Visita ao cristo enxoito, explicación da escola habanera de Roupar, visita parque eólico experimental de Sotavento (Xermade) e visita á igrexa de Santa María de Viveiró (Muras).

RUTA 34 (O CORGO, LÁNCARA, O PÁRAMO)

Vista do pazo de Adai (O Corgo), ponte de Carracedo e vista exterior do Pazo de Láncara, campo da feira de Vilarmosteiro e visita á igrexa de San Xoan de Friolfe (O Páramo).

RUTA 35 (BARALLA, CASTROVERDE)

Visita á igrexa de Berselos (Baralla), visita ao convento de Vilabade e torre- fortaleza (Castroverde), breve incursión polo Camiño Primitivo ata a igrexa de Soutomerille (Castroverde).

RUTA 36 (GUNTÍN, PALAS DE REI)

Visita á igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares e ponte cabalar (Guntín), Visita á igrexa de Vilar de Donas e ao Castelo de Pambre (Palas de Rei).

RUTA 37 (MONTERROSO, ANTAS DE ULLA)

Visita á igrexa de Novelúa e área recreativa da Peneda (Monterroso), igrexa de Amoexa, San Xoan e Santa Mariña de Castro de Amarante (Antas de Ulla).

 

 

Muralla
San Paio de Narla
Láncara
Pambre

 

 

Bases do programa:

B.O.P do 30 de xuño do 2021.

Inscripcións:

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, isto é, dende o 01 de xullo do 2021 ata o 30 de xullo do 2021. PRAZO FINALIZADO.

As solicitudes deberán formalizarse a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo (No espazo Trámites Xerais / Coñece A Túa Provincia) ou a través do Rexistro Xeral da Deputación de Lugo, onde se deberá aportar, ademáis do Anexo I cumplimentado unha copia do NIF da entidade. 

Anexos:

Anexo I (Solicitude)

Anexo II (Renuncia)


Información:

Pode solicitar información no correo atuaprovincia@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982260234 – 982260011 – 982260219.

Coñece