DL

 

CONSELLO PROVINCIAL DE TURISMO

 

O Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020, promovido pola Deputación de Lugo, é un documento que pretende ser a folla de ruta que permita ao territorio que conforma a Provincia de Lugo posicionarse no mercado e chegar a un maior número de turistas e visitantes que poidan coñecer a riqueza da zona e acondicionala para que cumpra coas expectativas dos visitantes convertendo ao territorio nun destino sostible e de calidade.

No marco deste Plan Estratéxico, unha das principais liñas de actuación é a referida ao impulso da gobernanza turística a través de diferentes estruturas de xestión, prevendo a creación dun ente turístico provincial de carácter participativo e consultivo que traballe en prol do desenvolvemento consensuado dos plans de actuación e da promoción conxunta da marca do destino. Todo iso co obxectivo de articular os diferentes axentes da cadea de valor turística para xerar compromiso, aliñar os obxectivos e colaborar en proxectos asegurando un bo funcionamento do modelo turístico.

 

Consulte AQUÍ o regulamento do Consello Provincial de Turismo da Provincia de Lugo, aprobado inicialmente en sesión ordinaria do Pleno da Corporación con data 30 de xaneiro de 2018 e publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 102, de 5 de maio de 2018.

 

ACTAS DO CONSELLO DE TURISMO

1.-Acta sesión extraordinaria de constitución do Consello Provincial de Turismo (17/10/2018)

2.-Acta sesión ordinaria do Consello Provincial de Turismo (06/03/2019)