Lugo Inédito

Prodixios que fan única unha provincia

Lugo, a provincia máis extensa de Galicia, atesoura nun único territorio diferentes realidades que nos falan de auténticos milagres da natureza, períodos de esplendor histórico e de formas de vivir que son o resultado da relación do home e o seu medio natural, as súas ideas e crenzas que durante o transcurso do tempo foi materializando en forma de construcións e lugares que hoxe nos remiten á forma na que os nosos predecesores observaron e souberon adaptarse á súa contorna.

Esta particular visión da vida permítenos falar dunha terra que garda numerosos recunchos e misterios ligados á súa memoria. Verdadeiros prodixios que teñen o privilexio de poder colgarse a etiqueta de únicos.

A guía Lugo Inédito pretende ser unha proposta que sirva de fío condutor para coñecer toda a provincia a través de elementos do seu patrimonio que a fan diferente. Lugares que posúen trazos que os singularizan nun contexto determinado e que nos fan a todos os lucenses donos dun orgullo que agora desexamos compartir contigo.

 

 

 

Lugo, de Camiño

Terras do Miño, a primeira e máis extensa Reserva da Biosfera de Galicia