Humidal Protexido Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo ou ría do Eo correspóndese co estuario deste río, integrado polo tramo final do seu curso desde San Tirso de Abres ata a súa desembocadura no mar Cantábrico. Marca o límite natural das Comunidades Autónomas de Galicia e Asturias, bordeando os municipios lucenses de Trabada e Ribadeo.

Con máis de 800 ha de extensión, a ría abarca importantes hábitats naturais e seminaturais, sobresaíndo os marismeños e estuarinos, aos que se suman as augas mariñas, cantís, hábitats de auga doce, brezais, matogueiras, turbeiras, covas e hábitats rochosos e bosques. No referente á flora, sobresaen especies como a árnica, o narciso, algas mariñas e fentos, estas dúas últimas integradas en catálogos de especies ameazadas.

A fauna máis representativa do humidal corresponde ao grupo das aves, con aproximadamente 40 especies diferentes identificadas. Séguenas o grupo de réptiles, con especies como o sapiño pintoxo ibérico, a ra ibérica e o tritón ibérico. Dentro do grupo de mamíferos destaca a lontra e no dos peixes, o salmón, o sábalo e a lamprea mariña.

Polas súas características naturais e pola presenza de hábitats prioritarios, a ría de Ribadeo atópase protexida ao amparo de diferentes figuras, formando parte do Convenio Ramsar desde 1994, da Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación e Zona de Especial Protección de Aves e da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón. Neste espazo natural, a conservación dos seus valores e os usos humanos conviven en perfecto equilibrio, convertendo á ría en escenario para a práctica de deportes náuticos, paseos en barco, observación ornitolóxica, pesca, marisqueo, comercio e mesmo construción de embarcacións.

 

Máis información:

Observación ornitolóxica (Ribadeo Birding): http://birding.ribadeo.org/es/

 

Oficina de Turismo de Ribadeo

 Praza de España 27700 Ribadeo, Lugo

 Teléfono: 982 12 86 89

 turismo@ribadeo.org

 

Imaxe
Ría de Ribadeo