Como chegar e moverse pola provincia
Situada no nordeste de Galicia e cunha superficie de 9.856,6 quilómetros cadrados, Lugo é a máis extensa das catro provincias galegas. Neste alongado territorio cuxos extremos se corresponden coa Illa Coelleira ao norte e o miradoiro de Cadeiras ao sur (municipio de Sober) os contrastes sucédense, brindándonos panoramas diferentes que poden contemplarse sen necesidade de percorrer grandes distancias.
A cidade de Lugo, capital da provincia, constitúe o eixo sobre o que se organiza a principal rede viaria, a cal reafirma a súa centralidade. Por aquí pasa o trazado das estradas Nacionais VI, 540 e 640, ademais das Autovías A6 e A54 (en construción) e o corredor de Monforte. CG 2.2. Ademais, A Mariña Lucense é porta de entrada en Galicia pola A8, Autovía do Cantábrico, que tamén conecta con Vilalba, capital da Comarca da Terra Chá.
Principais accesos á provincia de Lugo por estrada:
- Dende País Vasco, Cantabria e Asturias: A8- Autovía do Cantábrico e Nacional 634 (entrada por Ribadeo).
- Dende Barres (Asturias), pola Nacional 640.
- Dende Madrid: Autovía A6 e estrada Nacional VI (entrada por Pedrafita do Cebreiro).
- Dende Zamora e Valdeorras: Nacional 120 (entrada por Quiroga).
- Dende Ourense: Nacional 540 (entrada por Carballedo) e Nacional 120 (entrada por Os Peares).
- Dende A Coruña: Autovía A6 e Nacional VI (entrada por Guitiriz).
- Dende Vigo e Pontevedra: AP 9 ata A Coruña e dende aí tomar a A6 (entrada por Guitiriz).
- Dende Santiago de Compostela: pola Nacional 547 (entrada por Palas de Rei) ou pola Nacional 634 (entrada por Guitiriz).
- Dende Mañón: LU 862 (entrada polo Vicedo).
- Dende Castro Caldelas: LU 903 (entrada por Doade).
En tren:
SERVIZOS ADIF:
Estación de Lugo: Plaza Conde de Fontao S/N. 27003 Lugo. Accede á WEB.
Estación de Monforte de Lemos:Plaza da Estación S/N. 27400 Monforte de Lemos. Accede á WEB.
SERVIZOS FEVE:
Línea Ferrol- Oviedo- Gijón, por A Mariña Lucense. Accede á WEB.
Por mar:
Porto deportivo de Ribadeo: Muelle de Porcillán s/n. 27700 Ribadeo - LUGO. Telf. +34 982 120 428. vela@clubnauticoribadeo.com. www.cnribadeo.com
CARTAS NÁUTICAS: 4071, 407 IHM - Coordenadas: 43º 43’ 5’’, 7º 21’ 3’’
Porto deportivo de Viveiro: Avda. de Ramón Canosa s/n · 27850 Viveiro – LUGO.Telfs. +34 690 604 452 · +34 881 920 482. Fax + 34 981 228 181
www.marinaviveiro.es. marinaviveiro@marinaviveiro.es
CARTAS NÁUTICAS: IHM 4082, 932, 931, 40 - Coordenadas: 43º 40’N 007º 36’W
Porto deportivo de Foz: Portochico, s/n. Tel. +34 982 140 018 / +34 981 140 114. Coordenadas: 43º 34´07.4´´N15´04.7´´W
Porto de O Vicedo (instalación de uso mixto): +34 982 590 002. Coordenadas: 43º44´17.6´´N 7º40´32.6´´W.
Porto de Burela (instalación de uso mixto): +34 982 870 134 . Coordenadas: 43º39´42.1´´N 7º21´18.2´´W
En avíón. Distancia dos aeroportos galegos á capital da provincia (distancias máis curtas):
- Alvedro (A Coruña): 92 quilómetros.
- Lavacolla (Santiago de Compostela): 97 quilómetros.
- Peinador (Vigo): 180 quilómetros.
Estacións de autobuses:
Lugo: Praza da Constitución, s/n. Tel. 982 223 985 (de 07:00 a 21:00 horas).
Monforte de Lemos: San Pedro, 3. 27400. Tel. 982 40 26 94.
Sarria: Rúa Guerledan, s/n. Tel. 982 532 620
Viveiro: Estación, s/n. 27850.
Ribadeo: Rosalía de Castro, s/n. 27600.
Burela: Estación, s/n. 27880.
Mondoñedo: San Antonio, s/n. 27740.
Foz: Cervantes, s/n. 27780.
Vilalba: Lois Pena Novo, s/n. 27800.