Xeoturismo na provincia de Lugo

Nos últimos tempos, a provincia de Lugo desenvolveu iniciativas pioneiras en Galicia no ámbito do xeoturismo, unha modalidade que ten como obxectivo a divulgación da xeodiversidade do territorio co fin de conservar o seu patrimonio natural.

A través desta proposta, realizaremos un completo percorrido pola historia xeolóxica de Galicia que nos levará a visitar inmensas superficies de erosión mariña como a rasa litoral, afloramientos dos antigos fondos do mar producidos pola oroxenia alpina e que hoxe forman grandes pregamentos tombados como o sinclinal de Campodola- Leixazós no Courel; pegadas glaciares como o Pedregal de Irimia , en Meira, ou a lagoa de Lucenza e A Devesa da Rogueira; fosas tectónicas afundidas que propiciaron o profundo encaixonamiento de cursos fluviais como o do Sil e unha extraordinaria riqueza mineral que no seu día derivou no desenvolvemento económico das serras orientais lucenses grazas ás explotacións auríferas de época romana e, de maneira máis recente, ás louseiras.

Rei Cintolo - Mondoñedo
Playa de Las Catedrales- Ribadeo
Fonmiñá- A Pastoriza
Cañón del Sil

Consulta as seguintes propostas:

Xeoturismo na Mariña Lucense         Xeoturismo na Terra Chá           Xeoturismo na Ribeira Sacra e O Courel