Rutas gastronómicas da provincia de Lugo

A RUTA DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA

Poucos produtos coma o viño nos ofrecen a posibilidade de presentar un destino turístico no seu conxunto e a posibilidade de converter a nosa viaxe nunha experiencia sensorial e emotiva.

Ribeira Sacra ofrece o tandem perfecto entre viño e paisaxe, dous elementos intimamente ligados que nos falan de toda unha forma de vida que se traduce nuns caldos cunha marcada personalidade.

Para aglutinar baixo a mesma temática unha serie de establecementos de aloxamento, restauración, artesanía, adegas, museos, tendas especializadas e outras actividades complementarias, creouse a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, unha garantía de calidade para os visitantes que acoden a este destino coa intención de gozar dunha experiencia enogastronómica única.

Ademais, para coñecer en profundidade os vales do Sil e do Miño, a súa paisaxe, a súa historia e a viticultura, recoméndase navegar a bordo das embarcacións turísticas que percorren ambos canóns e que ofrecen un servizo de visitas guiadas a bordo. 

Consulta AQUÍ a web da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

 

viño

 

 

A RUTA DA FABA DE LOURENZÁ

Trátase dunha ruta onde a gastronomía, a natureza e o arte fúndense co fin de enxalzar a Faba de Lourenzá produto que, debido ás características do solo e as técnicas tradicionais de cultivo atopa no Concello de Lourenzá o lugar idóneo para presentar unha calidade culinaria excepcional.

Ao longo desta ruta non só se pretende coñecer máis sobre esta legume que conta coa Indicación Xeográfica Protexida, se non tamén se pretende mostrar ao visitante o rico patrimonio cultural e natural deste rincón da Mariña Lucense.

 

Ruta da Faba