Reservas da Biosfera

Segundo a UNESCO, as Reservas da Biosfera son zonas compostas por ecosistemas terrestres, mariños e costeiros recoñecidas polo Programa Home e Biosfera. En cada unha delas foméntanse solucións para conciliar a conservación da biodiversidade co seu uso sustentable, o desenvolvemento económico, a investigación e a educación.

Na práctica, o concepto de Reserva da Biosfera transcende ao de espazo natural para facer referencia a formas de vida e de convivencia harmónica entre o ser humano e o medio. Por tanto, os seus valores ambientais son inseparables da súa riqueza cultural e dos usos sociais do territorio.

A provincia de Lugo ten máis do 60% da súa extensión declarada Reserva da Biosfera, repartindo este territorio entre as Reservas Terras do Miño, Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá ,a Reserva do Eo, Oscos e Terras de Burón e a Reserva da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel

 

Ancares Lucenses
Ancares Lucenses
Terras do Miño
Terras do Miño
Eo, Oscos e Terras de Burón
Eo, Oscos e Terras de Burón
Terras do Miño
Ancares Lucenses