Razas autóctonas

    Na Provincia de Lugo desenvolvéronse nos últimos anos interesantes proxectos que teñen como meta a recuperación, promoción e comercialización dos produtos cárnicos procedentes de razas autóctonas, unha labor que non sería posible sen o esforzo das asociacións de criadores que teñen unha marcada presenza neste territorio. É o caso de ACRUGA (Asociación de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega); OVICA – Pastores de Galicia (Asociación de criadores de gando ovino e caprino de Galicia), ASOPORCEL (Asociación de criadores de porco celta) ou os criadores da raza Galiña de Mos que sumaron esforzos en asociacións como AVIMÓS.
    A Federación de Razas Autóctonas de Galicia, creada no ano 2001, teñen como labor fundamental conservar e recuperar o patrimonio zooxenético que representan as razas en perigo de extinción na Comunidade Autónoma galega.
     
    GALIÑA DE MOS
     
    A galiña de Mos é unha das razas máis antigas da Península Ibérica e antano estaba presente en toda a xeografía galega. No ano 1936, estando a especie en perigo de extinción, desenvolveuse un programa de selección da raza, dándolle o nome de Mos, por ser na parroquia de San Xulián de Mos do municipio lucense de Castro de Rei o lugar onde levou a cabo esta experiencia pioneira.
    Os trazos distintivos desta raza son o seu pequeno tamaño, crista en chícharo e tres filas de papilas e puntos, o que a converte na única raza autóctona con estas características. No referente á súa carne, destaca polo seu baixo nivel de graxa e pel fina, case transparente, o que se debe á súa crianza artesanal ao aire libre, permitíndolle facer exercicio. A carne distínguese pola súa pel escura e luminosa e o seu sabor intenso.
     
    galiña

                                                  Imaxe: /www.mapama.gob.es

     

     

     PORCO CELTA

     
    A raza autóctona porco celta inclúe aqueles exemplares cuxas características morfolóxicas fan referencia ao seu tamaño grande, costas longas, dorso e lombo estreito e longo, cabeza grande, forte e voluminosa, fronte plana, fuciño ancho, orellas grandes que cobren os ollos, pescozo longo, estreito e forte e tórax pouco arqueado.
    Presenta unha perfecta adaptación ás condicións de hábitat dos bosques autóctonos galegos e á crianza en réxime extensivo. En canto á súa carne, a calidade mídese tendo en conta parámetros de cor, dureza y si é ou non zumarento, o que permite afirmar que o músculo deste porco presenta unhas características moi favorables tanto para o seu consumo en fresco como para a preparación de produtos semielaborados, elaborados e curados.
    Como produtos típicos procedentes do Porco Celta destacan: o lacón galego, o chourizo galego coas súas variantes, a chanfaina galega, o salchichón galego, o butelo ou a androlla.
     
    jamon