Fervenzas da provincia de Lugo

A oferta turística de espazos naturais da provincia de Lugo complétase coas fervenzas, que se conciben como lugares idóneos para adentrarse na natureza en silencio e, simplemente, deixarse levar polo son da auga.

Algunhas das fervenzas máis emblemáticas da provincia son o chamado Pozo da Ferida, entre os municipios de Viveiro e Xove, en plena Mariña lucense. Tamén na Mariña destaca a fervenza das Fragas do Ermo en Barreiros, lugar cun potente significado máxico- relixioso. Nos municipios de interior das comarcas costeiras sobresae a fervenza do Pozo da Onza no Valadouro, a fervenza do Escouridal en Alfoz, o Salto do Coro, en Mondoñedo e a fervenza do río Xestosa en Ourol.

Visitas ineludibles da provincia de Lugo son tamén a denominada seimeira de Vilagocende, na Fonsagrada, espectacular salto de auga de 50 metros de altura; as fervenzas da Marronda; a fervenza de Auga Caída en Pantón, que verte as súas augas no Miño ou a fervenza de Vieiros no Courel, situada nas proximidades da Seara e de camiño á lagoa de Lucenza, en pleno sendeiro PR- G 184.

Auga Caída - Pantón
Pozo da Onza - O Valadouro
Pozo da Ferida- Xove
Fervenza de Vieiros - Quiroga
O Escouridal - Alfoz
Fervenza do Xestosa - Ourol
Fervenza do Ermo - Barreiros
Seimeira de Vilagocende - A Fonsagrada