Cabo do Mundo (Río Miño)

Esta ruta parte do embarcadoiro de Belesar pobo e percorre o río Miño no seu curso medio polo encoro dos Peares. Durante a travesía bordéanse os municipios do Saviñao e Pantón, na ladeira leste, e Chantada na ladeira oeste.

Esta travesía caracterízase por transcorrer nun marco xeográfico de gran exuberancia natural caracterizado pola presenza de vexetación autóctona, pobos de ribeira de notable valor etnográfico, así como vides cultivadas no seo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (subzonas de Chantada e Ribeiras do Miño).

Percorrer o Miño supón adentrarse nun auténtico remanso de paz, revivir a memoria dos pobos asolagados tras a construción do encoro, achegarse á historia e á cultura fluvial dunha época na que a presenza do río rexía a vida cotiá dos seus habitantes. Ademais, a pegada do románico estará presente coas igrexas de San Martiño da Cova e Santa María de Nogueira, situadas en estratéxicas localizacións do val fluvial.

A ruta do Miño bordea ademais un das paraxes míticas e imprescindibles da Ribeira Sacra: o coñecido meandro do Cabo do Mundo, unha pronunciada curva que o río describe entre os municipios de Chantada e O Saviñao.

Belesar
Playa de A Cova
Cabo do Mundo
Cabo do Mundo

Cabo do Mundo

Punto de partida e chegada da ruta: embarcadoiro de Belesar pobo 42º35'34.6''N 7º43'30.9''W

Duración aproximada do percorrido: 1 hora e 45 minutos

Compre AQUÍ os billetes na web.

Descargue AQUÍ o tríptico informativo das rutas fluviais para a tempada 2019.