Mosteiro de Samos, o máis antigo de occidente

Complexo  monástico fundado no século VI, polo que está considerado un dos máis antigos de occidente e que aínda segue en funcionamento.

A edificación, que sufriu diversas ampliacións ao longo da súa historia, mestura elementos do  románico, gótico tardío, renacemento e barroco.

Do seu interior destaca a igrexa abacial barroca do século  XVIII co seu retablo maior, obra de José Ferreiro, e a súa fachada, que conta cunha escaleira  señorial do século  XVIII que lembra á situada na praza do Obradoiro. Dita fachada está formada por dous corpos: o inferior, coa portada principal custodiada por catro columnas  dóricas, e o superior, cun  rosetón entre dúas columnas.

Son importantes tamén os seus claustros, ao redor dos cales se estrutura o mosteiro: o claustro grande e o pequeno. O grande, coñecido como o do pai Feijoo e de estilo  herreriano, ten preto de 3.000 metros cadrados e está considerado un dos máis grandes do país. O pequeno, coñecido como claustro das  Nereidas, foi edificado no século  XVI nun estilo gótico tardío e no centro podemos unha fonte de orixe barroca.

Ademais a edificación conta cun museo distribuído ao longo de sete estancias onde móstranse as orixes do mosteiro e a súa evolución, ademais de obras que van desde o século III ata a actualidade, que inclúen esculturas, ourivaría, manuscritos e libros pergamiños.

Mención á parte merece a biblioteca, que conserva algúns  incunables e foi vítima dun incendio en 1951 como a maior parte do mosteiro.

Nas proximidades do mosteiro, está a denominada capela do  ciprés, construída no século IX e de orixe  mozárabe. Trátase pois, dos restos máis antigos existentes do mosteiro, destacando da edificación de lousa e planta  trapezoidal, a súa porta de ferradura situada na fachada sur do mesmo. Como elemento anexo á construción, atopamos un  ciprés de máis de 25 metros de altura de máis de mil anos de antigüidade.

 

Mosteiro de Samos