O cargadoiro de mineral de Ribadeo

Xunto á Ría de Ribadeo atopamos unha gran estrutura empregada entre 1903 e comezos da década dos 60 como punto de descarga do mineral de ferro fundido extraído das minas da Pontenova. Ata aquí chegaba o ferrocarril da Sociedade Mineira de Villaodrid para dar traslado ao mineral, que partiría por mar cara a diferentes puntos de Europa.

Recentemente este lugar foi recuperado como parque etnográfico, podendo ver na súa contorna un reloxo solar, os antigos túneles do ferrocarril e a plataforma que se asoma á ría e que reproduce en parte a estrutura de descarga orixinal.

Imaxe
Cargadoiro