Destinos Starlight na provincia de Lugo
A Fundación Starlight, creada en 2009 polo Instituto de Astrofísica de Canarias, promove iniciativas locais, nacionais e internacionais que posibiliten a protección do patrimonio común e o uso científico e cultural.
Entre as súas actuacións está a Certificación de Destinos Turísticos Starlight que se definen como lugares visitables con boas condicións para a contemplación das estrelas e que están protexidos da contaminación lumínica facéndoos aptos para acoller iniciativas turísticas relacionadas coa contemplación do ceo como parte esencial da Natureza. Esta certificación busca fomentar a mellora da calidade das experiencias turísticas ligadas á astronomía e á protección dos ceos nocturnos dos Destinos Starlight unindo ciencia e turismo, baseado na astronomía e a visión do firmamento unha nova forma de turismo intelixente que achega criteiros innovadores para o desenvolvemento responsable da actividade.
A calidade do ceo valórase en parámetros de escuridade, transparencia, nitidez e nebulosidade.
A provincia de Lugo, conta con dous destinos Starlight:
-Concello de Muras, desde decembro do 2020

-Ancares Lucenses, desde novembro do 2023
