Área etnográfica da Insua
Trátase dun espléndido miradoiro sobre a ría de Viveiro onde se recuperou o antigo cargadoiro de mineral das minas da Silvarosa. Actualmente, consérvanse tamén nesta contorna restos do tranvía aéreo empregado para levar o mineral desde a montaña ata o mar e das moegas onde este se almacenaba. O material empregábase fundamentalmente con fins armamentísticas, sendo destinatarios do mesmo países como Inglaterra, Alemaña e Holanda.
Área Etnográfica da Insua - Foto: Concello de Viveiro