Miradoiros con vistas á beleza
Gozar da natureza ás veces consiste en realizar pequenos actos sinxelos, vivir intensamente cada segundo en silencio e capturar nas nosas retinas todos os detalles. Para iso existen na provincia de Lugo múltiples opcións para observar a beleza da paisaxe desde diferentes perspectivas contemplando as chairas, a montaña, o litoral e os vales fluviais e gozar da obra mestra das catro estacións. A provincia de Lugo conta para iso con numerosos miradoiros, lugares privilexiados para deixarse sorprender por paisaxes infinitas e sobrecolledoras e para rematar cada viaxe coa mellor das lembranzas.