Xeodestino Terra Chá

O Xeodestino Terra Chá comprende os municipios de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

Este territorio destaca pola súa planicie, acollendo unha paisaxe na que predominan terreos agrarios e pasteiros enmarcados por elevacións montañosas que delimitan os seus rebordos naturais: a cova da Serpe e a Serra da Loba polo oeste, as Serras da Carba, O Xistral e A Toxiza polo norte e o Cordal de Neda e as estribación da serra de Meira polo leste.

NATUREZA

Gran parte deste territorio está dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que acolle no seu interior artes e arquitecturas tradicionais. Este xeodestino tamén conta con outras figuras de protección ambiental como son as Zonas Especiais de Conservación como  a ZEC Parga – Ladra – Támoga ou o LIC Serra do Xistral. Tamén destaca a presenza de humidais continentais en diferentes formas (charcas, veigas, lagoas ou turbeiras).

Pena dos Mouros - Begonte
Museo do Belén - Begonte
Igrexa de Santa María - Abadin
Camiño Santiago - Abadín

No territorio catalogáronse ao redor de 40 tipos de aves diferentes, o que fai esta zona sexa de interese para os amantes da ornitoloxía.

Ponte Romano de Durarria - Castro de Rei
Lagoa do Caque  - Castro de Rei
Ruta do Azúmara - Castro de Rei
Lagoa de Cospeito

A serra do Xistral conta entre as súas zonas húmidas con turbeiras de cobertor, consideradas como únicas representacións deste tipo na Península Ibérica, albergando gran variedade de flora e fauna.

Sete Muiños - Guitiriz
Ruta da Auga - Guitiriz
Pena do Inferno - Muras
Arbores Senlleiras - Cospeito

Outros elementos representativos do territorio son os bosques de ribeira onde se poden atopar máis de 60 especies  diferentes, entre as que se atopan bivalvos, vertebrados ou plantas que son representativas dos bosques aluviais da zona atlántica.

Para os amantes da astronomía, o concello de Muras conta coa certificación Starlight que garante as cualidades óptimas do territorio para a contemplación das estrelas.

Ponte de San Alberte - Guitiriz
Mirador Goia - Xermade
Chaca do Alligal
Lagos da Antiga Mina - Xermade

 

PATRIMONIO CULTURAL

Igrexa de Santa María - Abadin
Casa Museo - Victor Corral - Begonte
Santuario Nosa Señora dos Milagres - Begonte
Castro de Viladonga - Castro de Rei

O Xeodestino da Terra Chá, acolle xacementos arqueolóxicos que abarcan dende o Paleolítico ata o período castexo tardío ou galaico romano, exemplos son a necrópole de Buriz (Guitiriz), castro de Saa (A Pastoriza) ou o Castro de Viladonga (Castro de Rei) considerado modelo formal de castro interior.

O territorio conta con un gran número de bens históricos, como poden ser a fortaleza do Andrade en Vilalba, a Torre da Caldaloba en Cospeito ou o Castelo de Parga en Guitiriz. A arquitectura relixiosa tamén conta con unha ampla representación neste Xeodestino, como pode ser a igrexa de Bretoña (A Pastoriza), Santa María (Abadín), Santa María de Vilalba ou San Alberte en Guitiriz.

Via Crucis de Santa Locaia - Castro de Rei
Torre da Caldaloba - Cospeito
Ponte de San Alberte - Guitiriz
Igrexa de Labrada
Castelo de Parga
San Pedro de Muras
Castro de Saa - A Pastoriza
Cemiterio de Goiriz - Vilalba

Non debemos esquecernos do patrimonio etnográfico da Terra Chá, ligadas aos usos tradicionais  dos recursos naturais, como poden ser os hórreos, os caneiros ou os muíños.

A ruta xacobea tamén está presente no Xeodestino Terra Chá, que é atravesado polo Camiño Norte (recoñecido como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2015) ao seu paso por Abadín, Vilalba e Guitiriz.

Torre dos Andrade - Vilalba
Castro e Capela de San Nicolás
Ponte de Saa - Vilalba
Igrexa Vella de Muimenta - Cospeito

GASTRONOMÍA

A gastronomía deste territorio céntrase en produtos gandeiros, agrícolas ten na Denominación de Orixe San Simón da Costa, como máximo referente.

FESTAS DE INTERESE

Expogrelo - Abadín
Filloas de Cospeito
Queixo San Simón da Costa
Capón de Vilalba

As festas populares do territorio están vencelladas á relixión, á artesanía ou aos produtos locais, como e o caso do San Ramón de Vilalba, os Milagres de Saavedra, a feira do queixo de San Simón, a feira do capón de Vilalba, o Expogrelo en Abadín, a Feira de Santos de Gontán, a feira do poldro de Muras, a tasca do liño de Insua (Vilalba) ou o encontro internacional de Torneiros de Xermade.

 

Preme nas seguintes ligazóns para acceder ás webs de Turismo municipais:

Abadín  Begonte  Castro de Rei  Cospeito  Guitiriz  Muras  A Pastoriza  Vilalba  Xermade