A Deputación de Lugo está comprometida a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de septembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016.
A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web da Deputación de Lugo, excluíndo os contidos incrustados que veñan doutros dominios
Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación, nunha revisión parcial levaba a cabo de forma automática.
O contido que se recolle a continuación non é accesible polos seguintes motivos:
Nalgunhas páxinas a información, estrutura e relacións non están determinadas por software ou non teñen alternativa como texto. [requisito número 9.1.3.1 de ÚNEA-EN 301549:2022-03 de información e relacións]
De maneira puntual algunha ligazón podería non ter definido o propósito específico de maneira textual [requisito número 9.2.4.4 da norma UNE-EN 301549:2022-03 propósito das ligazóns]
Nalgunhas páxinas os compoñentes de interface de usuario como elementos de formulario, ligazóns e compoñentes xeradas por script non seguen a estrutura recomendada polas pautas de accesibilidade [requisito número 9.4.1.2 da norma UNE-EN 301549:2022-03 Nome, función, valor]
Nalgunhas páxinas a relación de contraste en texto ou imaxes podería non ser de polo menos 4.5:1 [requisito número 9.1.4.3 da norma UNE-EN 301549:2022-03 contraste mínimo]
Non aplica.
Poden existir arquivos de ofimática en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.
Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos pola Deputación de Lugo ou que non estean baixo o seu control, como por exemplo, arquivos ofimáticos.
Poden existir arquivos pregravados publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.
A presente declaración foi preparada o día 12/08/2024.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación o día 09/08/2024.
Última revisión da declaración: 12/08/2024.
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a de o RD 1112/2018) como, por exemplo:
Para estas comunicacións ten dispoñible estas canles de comunicación:
Dirección de enderezo electrónico: atencioncidadan@deputacionlugo.org
Formulario: Contacta
Teléfono: 982 26 00 00
Acorde ao artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén pode presentar:
Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
As solicitudes de información accesible e queixas pódense presentar a través do formulario Contacta, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Lugo..
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pode ser presentada través do formulario Contacta, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Lugo.
A Diputación de Lugo incorporou ao seu sitio web a plataforma de accesibilidade web universal inSuit. Un servizo que mellora de forma automática a accesibilidade e a usabilidade da páxina web, facéndoa máis accesible e inclusiva.
Para activar a plataforma inSuit na web da Deputación de Lugo: hai que activar a pestana de inSuit inserida no lado esquerdo (FERRAMENTAS DE ACCESIBILIDADE)
O usuario recibirá desde a web as axudas técnicas que lle permitirán navegar de maneira adaptada ás súas necesidades e preferencias.
Axudas técnicas de inSuit
Axuda técnica |
Dirixida a: |
---|---|
Navegación con teclado
|
Persoas invidentes. Permite escoitar unha locución do contido da páxina e navegar co teclado utilizando balizas numéricas. |
Navegación para visión reducida
|
Persoas con visión reducida. Permite magnificar o contido das páxinas, axustar contrastes e facilitar a lectura a persoas con dislexia. |
Comandos de voz |
Persoas con discapacidade motriz. Acceso a todo o contido da páxina a través de sinxelos comandos de voz.
|
Navegación con Sonidos
|
Persoas con discapacidade motriz que teñen afectada a fala. Permite a navegación emitindo calquera tipo de sons, mediante un varrido das opcións dispoñibles. |
Navegación con Pulsador
|
Persoas con discapacidade motriz severa. Navegación utilizando calquera tecla do teclado como un único pulsador, mediante un varrido das opcións dispoñibles. |
Navegación sencilla con botones
|
Persoas con discapacidad cognitiva e persoas maiores. Navegación sinxela mediante o rato con elementos visuais destacados e botóns virtuais. |
Navegación sencilla con texto grande |
Persoas maiores ou con poucas competencias dixitais. Navegación utilizando o rato que permite aumentar o tamaño do punteiro, resaltar ligazóns, cambiar o contraste da cor, facer zoom sobre o contido e a estrutura, cambiar a unha tipografía máis lexible ou especial para dislexia, e botóns de conversión de texto a voz no contido textual.
|
Estas son algunhas das axudas que permiten a persoas con discapacidade acceder a toda a información publicada en calquera formato dentro da nosa web: PDFs, imaxes, vídeos, audios, táboas, etc., ademais de permitir encher formularios de forma accesible.
O sitio web está optimizado para as últimas versións de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é 1280x1024.