A  Rogueira, o auténtico bosque atlántico galego

A diversidade botánica da Serra do Courel maniféstase en comunidades vexetais como as que forman os seus bosques. Así, aos soutos de castiñeiros, aos acevais, ás  reboleiras, aos bosques de ribeira, ás carballeiras de montaña, aos  aciñeirais, bidueirais e  faiais súmanse as devesas, que sintetizan a esencia da vexetación das montañas orientais da provincia de Lugo.

Situadas en ladeiras montañosas sombrías e de forte pendente, entre os 800 e 1400 metros de altitude, as devesas constitúen un dos grandes tesouros naturais do Courel, contando con extraordinarios exemplos como a Devesa da Escrita, Faro,  Romeor e especialmente, A  Rogueira, considerada  por World Wildlife Fund uno dos bosques máis importantes da Península Ibérica.

A riqueza de especies de flora que caracterizan a Devesa da Rogueira queda patente coa presenza de conxuntos de bidueirais, fresnos, avellanos, carballeiras, arces,  serbais, acivros,  teixos e faias. Na parte baixa da  devesa destaca a presenza de aciñeiras debido ao substrato  calizo do terreo, que tamén deu lugar á  fomación de covas. No que respecta ao seu  sotobosque, sobresae a presenza, entre outras especies, da  aspérula olorosa, o fento común, a violeta  bulbosa ou a uva de raposa.

A Devesa da  Rogueira, situada na aba norte do monte  Formigueiros, o de maior altitude do Courel, está considerada como o auténtico bosque atlántico galego por aglutinar aproximadamente o 20% das especies representadas na flora presente no interior de Galicia.

Un sendeiro convida a percorrer o corazón deste bosque desde o Alto do Couto ou desde a Aula da Natureza de Moreda, onde se pode visitar unha exposición didáctica sobre os valores deste espazo natural. Nas inmediacións deste camiño atópanse as fontes do Cervo, de augas  calcáreas e ferruxinosas, o miradoiro de Pico Polín e a lagoa da  Lucenza, que con máis de 16.000 anos de antigüidade súmase ás profundas pegadas que a glaciación deixou nestas montañas.

 

Rogueira