Morás: a obra mestra do vento e do mar
Na costa do municipio de Xove existen lugares sorprendentes que conservan aínda o seu sabor mariñeiro tradicional. O porto de Morás é un deses enclaves imprescindibles onde o tempo parece deterse, trasladándonos ata unha época onde a caza de baleas era unha auténtica forma de vida. Nesta encantador lugar, os recordos desta industria aínda son palpables, xa que nesta zona estratéxica de paso de cetáceos aínda se conserva a controrna da nave de despezamento da antiga factoría de Massó.
Deixando atrás o porto, un carreiro aberto entre o cemiterio de dolos do antigo dique do complexo industrial Alcoa-San Ciprián trasladaranos inmediatamente a un universo paralelo de ciencia-ficción. Ao final do camiño, o ascenso polas rocas conduciranos ao cabo de Morás, unha caprichosa escultura natural forxada polo mar, o sal e o vento. Aquí bate con forza titánica o incansable mar Cantábrico, dando forma á súa creación. O seu atronador son golpeando as rochas convidaranos a contemplalo en silencio, admirando a grandeza da súa inmensidade.