banner

Coñece a túa provincia.

BASES DO PROGRAMA. COÑECE A TÚA PROVINCIA 2026

PRAZO FINALIZADO (DO 12/01/2026 ÁS 12:00 ATA O 16/01/2026)

 

Qué é?

Coñece a túa provincia é un programa da Deputación de Lugo que ten como fin a realización de viaxes gratuitos de un día de duración pola provincia destinadas a asociacións con sede na provincia de Lugo.

 

1
2
3
4

 

A quen vai dirixido?

Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo que non perderan o dereito a participar na pasada edición do 2025.

Cada asociacións desfrutará dunha única viaxe na que poderán participar un mínimo de 15 persoas e o máximo de 23. De non acadarse o mínimo de 15 persoas para formar grupo, a viaxe será anulada. 

Na anualidade 2026 ofertaranse un máximo de 3036  prazas

A orde de prelación da listaxe de entidades admitidas establecerase coa seguinte prioridade ata esgotar as prazas dispoñibles:

                1º- Terán prioridade aquelas entidades que cumpran os requisitos para participar no programa e que non foran beneficiarias de excursións en anteriores edicións.
                2º- En segundo lugar, consideraranse o resto das entidades que cumpran os requisitos para participar no programa na anualidade 2026 e que foron beneficiarias de excursións en convocatorias anteriores (2021, 2022, 2023, 2024, 2025) coa seguinte orde:

  1. Entidades beneficiarias en unha convocatoria.
  2. Entidades beneficiarias en dúas convocatorias.
  3. Entidades beneficiarias en tres convocatorias.
  4. Entidades beneficiarias en catro convocatorias.
  5. Entidades beneficiarias en cinco convocatorias.

Dentro de cada nivel de prioridade, a orde das solicitudes determinarase segundo a data e hora que consten no sistema de rexistro da Deputación de Lugo, cando corresponda, ou na documentación presentada a través de rexistros externos. A hora de rexistro considerarase con indicación de hora, minuto e segundo, aplicándose as seguintes regras: 

  • Cando unha solicitude non inclúa a hora de entrega, considerarase presentada en último lugar dentro da mesma data, no caso de existir outras solicitudes rexistradas ese día.
  • Cando unha solicitude non especifique os segundos, considerarase presentada en último lugar dentro do minuto correspondente, no caso de haber outras solicitudes presentadas na mesma hora e minuto.
  • Se varias entidades presentan solicitudes o mesmo día sen hora, ou con data e hora idénticas, a prelación establecerase segundo os seguintes criterios:
  1. Orde alfabética, tomando como referencia a primeira letra do nome do municipio onde a entidade teña a súa sede, excluíndo, de ser o caso, o artigo inicial do topónimo.
  2. De persistir o empate, atenderase ao número de expediente asignado automaticamente polo sistema de tramitación da Deputación de Lugo.

Que inclúe o programa?

A excursión concedida a cada entidade beneficiaria do programa “COÑECE A TÚA PROVINCIA” incluirá o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Con cada grupo participante irá en todo momento un guía acompañante, sendo as visitas realizadas por profesionais que conten coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal encargado de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

 

Devesa da Rogueira
Piornedo
Doncos
Samos

 

Cales son o destinos que se poden escoller?

 

Cada asociación, na súa solicitude, poderá escoller entre un máximo de cinco opcións, entre o seguinte catálogo.

 

RUTA 1: O VICEDO: visita ás pontes do río Sor e ruta polas principais praias do Vicedo. Visita ao porto do Vicedo e ao miradoiro de San Román.
Opcional: visita ao Fuciño do Porco (en substitución dalgunha das visitas anteriores e segundo preferencia das entidades beneficiarias). Nota: a visita ao Fuciño do Porco non está recomendada para persoas con dificultade para camiñar.

RUTA 2: XOVE: visita ao faro de Punta Roncadoira, porto de Morás, contorna do Cabo de Morás, parque de fabricación de dolos e Portocelo. Visita á área arqueolóxica de San Tirso. Visita ás praias de Lago e Esteiro.

RUTA 3: VIVEIRO: visita casco antigo de Viveiro e ao obradoiro de Cerámica Regal ou ao Monumento Natural do Souto da Retorta.

RUTA 4: CERVO: visita á fábrica de Sargadelos e San Cibrao: praia do Torno e Museo do Mar.

RUTA 5: BURELA: visita ao barco-museo boniteiro Reina del Carmen. Visita á asociación de mariñeiros xubilados “A Moncloa”. Visita ao miradoiro de Monte Castelo. Visita á igrexa de Vila do Medio ou visita panorámica do litoral ata a praia da Marosa. 

RUTA 6: FOZ: visita á vila de Foz. Panorámica do litoral polo paseo marítimo ata as praias de Llás e Peizás. Visita á la basílica de San Martiño de Mondoñedo, ao centro de interpretación de San Martiño e ao espazo Caritel.

RUTA 7: BARREIROS E RIBADEO: percorrido a pé por un tramo do paseo marítimo de Barreiros e visita á praia das Catedrais e Rinlo. Visita ao casco histórico de Ribadeo. 

RUTA 8: LOURENZÁ: visita á igrexa parroquial do Mosteiro de Lourenzá, centro de interpretación da faba, fortaleza de Tovar e Cooperativa Terras da Mariña.

RUTA 9: MONDOÑEDO: visita ao casco antigo de Mondoñedo. Visita ao centro de interpretación do Camiño Norte e a un museo municipal (museo da imprenta ou casa- museo de Álvaro Cunqueiro). Visita ao Barrio dos Muíños, á “ponte do Pasatempo” e a un obradoiro artesán no Barrio dos Muíños..

RUTA 10: O VALADOURO E ALFOZ: visita ao Museo do Mel do Valadouro. Visita ao castelo de Castrodouro e á Finca Galea (Alfoz). Opcional: visita ao Pozo da Onza ou á igrexa de Santa Cruz do Valadouro no caso de non estar dispoñibles algunhas das visitas anteriores.

RUTA 11: RIOTORTO E TRABADA: visita a un ferreiro ou ao Mazo da Fraga en Ferreiravella. Visita ao museo etnográfico José Rocha en Trabada. Visita a un obradoiro de artesanía en Trabada.

RUTA 12: A PONTENOVA E TRABADA: visita aos fornos da Pontenova, área recreativa de Boulloso, miradoiro da Panda, aula da pesca e miradoiro ornitolóxico de Ría de Abres en Trabada.

RUTA 13: MONFORTE: visita ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, visita  ao conxunto  monumental de San Vicente do Pino. Visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra. Explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga.

RUTA 14: SOBER: visita á rectoral de Gundivós (demostración de olaría tradicional), visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil. Visita a unha adega da subzona de Amandi.

RUTA 15: SOBER E MONFORTE: visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil e a unha igrexa románica. Percorrido en catamarán polo Canón do Sil.

RUTA 16: O SAVIÑAO: visita ao Ecomuseo de Arxeriz, ao miradoiro do Cabo do Mundo II e percorrido en catamarán polo Miño dende Belesar pobo. No caso de non estar dispoñible o catamarán, visitarase unha igrexa románica e unha adega.

RUTA 17: TABOADA- CHANTADA: visita á igrexa de Taboada dos Freires ou á de San Pedro de Bembibre (Taboada), visita ao casco histórico de Chantada e á igrexa de San Salvador de Asma. Visita a unha adega da subzona de Chantada.

RUTA 18: CHANTADA- O SAVIÑAO: visita á igrexa de Santa María de Nogueira de Miño. Visita ao casco histórico de Chantada. Visita á igrexa de San Estevo de Ribas de Miño ou ao pobo de Belesar. Visita a unha adega da subzona de Chantada. 

RUTA 19: PANTÓN E CARBALLEDO: visita ao convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón e á igrexa de San Miguel de Eiré. Visita ao pobo dos Peares. Explicación do encoro dos Peares. Visita a unha adega.

RUTA 20: PORTOMARÍN E PARADELA: visita a Portomarín e aos seus monumentos. Visita ao castro de Castromaior. Visita á igrexa de Santa María de Ferreirós no Camiño Francés.

RUTA 21: BÓVEDA- A PROBRA DE BROLLÓN: visita á aula forestal Os Trollos en Bóveda. Visita ao conxunto de adegas centenarias en Vilachá de Salvadur, visita a unha adega en Vilachá e ao castro de San Lourenzo.

RUTA 22: RIBAS DE SIL E QUIROGA: visita  á abadía de San Clodio e ao centro de interpretación da minería aurífera en Ribas de Sil. Visita ao Xeomiradoiro de Campodola. Visita a unha adega.

RUTA 23: QUIROGA: visita ao Museo Xeolóxico ou ao Museo Etnográfico. Visita a unha empresa produtora de viño e aceite de Quiroga. Visita a un obradoiro de artesanía.

RUTA 24: O COUREL: visita á Fundación Uxío Novoneyra e á aldea de Seceda (Folgoso do Courel). Visita ao castro da Torre ou á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital do Incio. 

RUTA 25: PIORNEDO E NAVIA DE SUARNA. visita á aldea de Piornedo (con entrada á palloza- museo Casa do Sesto). Visita á vila de Navia de Suarna e a unha fábrica de embutidos.

RUTA 26: BECERREÁ E AS NOGAIS: visita á igrexa do Convento de Penamaior. Percorrido polo  bosque dos Grobos. Explicación da ponte de Cruzul. Visita ao miradoiro panorámico da Torre de Doncos. Visita á igrexa de Santo André das Nogais.

RUTA 27: O INCIO: visita ao encoro de Vilasouto, á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, ao santuario de San Eufrasio, á aldea de Ferrería, fonte mineiromedicinal e monumento ao mamut.

RUTA 28: BALEIRA E RIBEIRA DE PIQUÍN: visita ás áreas recreativas de Fonteo e A Cortevella (Baleira), visita ao miradoiro de San Xurxo e á Fundación TerrEo na Ribeira de Piquín.

RUTA 29: A FONSAGRADA: visita ao Museo Comarcal da Fonsagrada e a unha fábrica de embutidos. Visita á seimeira de Vilagocende.

RUTA 30: NEGUEIRA DE MUÑIZ: visita a unha adega e ao museo do mel. 

RUTA 31: PEDRAFITA DO CEBREIRO E TRIACASTELA: visita á aldea do Cebreiro, ao seu santuario e palloza- museo. Visita á localidade de Triacastela

RUTA 32: SAMOS E SARRIA: visita ao Mosteiro de Samos. Visita ao casco histórico de Sarria, Rúa do Porvir e museo do pan.

RUTA 33: LUGO: visita á muralla romana, catedral  e casco histórico de Lugo, parque de Rosalía de Castro, Museo Provincial. Visita á Domus do Mitreo ou á casa dos Mosaicos. 

RUTA 34: MEIRA, CASTRO DE REI E POL: visita ao castro e museo de Viladonga (Castro de Rei), Pedregal de Irimia e igrexa de Santa María (Meira), visita á área recreativa do Azúmara ou á igrexa de Cirio (Pol).

RUTA 35: COSPEITO E VILALBA: visita á lagoa de Cospeito e casco histórico de Vilalba. Visita ao Paseo dos soños. Visita á charca do Alligal.

RUTA 36: GUITIRIZ E FRIOL: visita á fonte de San Xoan de Lagostelle e finca do Balneario. Visita á fonte mineiromedicinal de Pardiñas. Visita a un obradoiro de cantería en Parga. Visita ao Museo de San Paio de Narla. 

RUTA 37: BEGONTE, OUTEIRO DE REI E RÁBADE: visita ao arboretum de Galicia en Begonte ou á igrexa de Santiago de Baamonde, ponte vella de Rábade, casa das insuas e área recreativa de Penas de Rodas. Opcional: visita ao Museo de la olaría de Bonxe ou visita á Casa Museo de Manuel María 

RUTA 38: ABADÍN, A PASTORIZA E CASTRO DE REI: visita á lagoa de Caque, breve tramo do Camiño de Santiago ata a igrexa de Santa María de Abadín, visita ao CIN de Bretoña e á lagoa de Fonmiñá na Pastoriza.

RUTA 39: XERMADE: visita ao parque eólico experimental de Sotavento, visita á aldea artesá da Fraga, ao “Cristo enxoito” e á escola habanera.

RUTA 40: MURAS E OUROL: visita guiada pola ruta da arquitectura indiana de Ourol e cemiterio de Xerdiz, visita á fervenza do río Xestosa. Parada en Muras, con visita á igrexa de San Pedro e área recreativa da Veiga. 

RUTA 41: LÁNCARA, O PÁRAMO E O CORGO: visita ao Museo Vivo e Integrado do Campo e da locomoción agraria de Trasliste (Láncara) –MUVICLA-; visita ao conxunto de San Salvador de Castrillón e vista exterior do Pazo de Adai no Corgo. Visita á igrexa de Friolfe e campo da feira de Vilarmosteiro.

RUTA 42: BARALLA E CASTROVERDE: visita á igrexa de Berselos (Baralla), visita ao convento de Vilabade e torre- fortaleza (Castroverde). Breve incursión polo Camiño Primitivo ata a capela de Soutomerille (Castroverde).

RUTA 43: GUNTÍN E PALAS DE REI: visita á igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares (Guntín). Visita ao Castelo de Pambre e á igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei). 

RUTA 44: MONTERROSO E ANTAS DE ULLA: visita á área recreativa da Peneda ou ao Centro de Interpretación das Feiras. Visita á aldea de Santa Mariña, á igrexa de Amoexa e á fortaleza de Amarante.

  

 

RUTAS ACCESIBLES RESERVADAS A COLECTIVOS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA

RUTA A: FOZ: panorámica do litoral focense dende A Rapadoira a Peizás, visita ao CENIMA e ao taller do espazo Caritel. Explicación exterior da Basílica de San Martiño.

RUTA B: BARREIROS E RIBADEO: Percorrido polo Paseo Marítimo de Barreiros. Visita ao Casco Antigo de Ribadeo e á contorna de Illa Pancha.

RUTA C: CERVO: visita ao Museo Histórico de Sargadelos, Museo do Mar de San Cibrao e paseo marítimo da Praia do Torno.

RUTA D: MONFORTE: visita ao Pazo de Tor, Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga e visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra.

RUTA E: SOBER- MONFORTE: visita á rectoral de Gundivós, visita ao Miradoiro do Duque e ao Pazo de Tor.

RUTA F: QUIROGA- RIBAS DE SIL: visita a un Museo Municipal en Quiroga (Xeolóxico ou Etnográfico), visita ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera de Ribas de Sil e a unha adega.

RUTA G: LUGO: Visita guiada polo casco antigo de Lugo, muralla romana e Museo Provincial. Visita á Domus do Mitreo ou á Casa dos Moisaicos.

 

Muralla
San Paio de Narla
Láncara
Pambre

 

 

Bases do programa:

BOP do 10/01/2026

Inscricións:

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles trala publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Dito prazo comezará ao día hábil seguinte desta publicación ás 12 horas do mediodía (12/01/2026) e rematará o quinto día hábil trala publicación ás 23:59 horas (16/01/2026). As solicitudes presentadas fóra do prazo indicado serán desestimadas.

 

As solicitudes deberán formalizarse a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo (No espazo Trámites Xerais / Coñece A Túa Provincia) ou a través do Rexistro Xeral da Deputación de Lugo,  onde se deberá aportar, ademáis do Anexo I cumplimentado e asinado, unha copia do NIF da entidade (no caso de entidades que soliciten participar por primeira vez)Igualmente, as solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros que menciona o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

 

Formulario de solicitude -Anexo I: (NON CUBRIR O ANEXO NO NAVEGADOR - Descargar, cubrir e asinar directamente no PC)

Anexo I

 

Información:

Pode solicitar información no correo atuaprovincia@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982260234 – 982260011 

 

-------------------------------------------------------------

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2021

LISTAXE DE ENTIDADES ADMITIDAS, EN LISTA DE AGARDA E EXCLUÍDAS - Edición 2021 (B.O.P 16/08/2021)

Bases do programa (Edición 2021):

B.O.P do 30 de xuño do 2021.

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2022

LISTAXE DE ENTIDADES ADMITIDAS, EN LISTA DE AGARDA E EXCLUÍDAS - Edición 2022 (B.O.P 12/02/2022)

Bases do programa (Edición 2022):

B.O.P do 17 de xaneiro do 2022.

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2023

Listaxe de entidades admitidas, en agarda e excluídas do programa Coñece a túa provincia (Anualidade 2023) (B.O.P. do 24/02/2023)

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2024 

LISTAXES DE ENTIDADES ADMITIDAS, DE ENTIDADES EN AGARDA E DE SOLICITUDES EXCLUÍDAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA COÑECE A TÚA PROVINCIA 2024

Bases do programa B.O.P do 08  de maio  do 2024.

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2025

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ENTIDADES ADMITIDAS, DE ENTIDADES EN AGARDA E DE SOLICITUDES DESESTIMADAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA COÑECE A TÚA PROVINCIA 2025 (BOP 07 de marzo do 2025)

BASES DO PROGRAMA. COÑECE A TÚA PROVINCIA 2025 (BOP 22/01/2025)

Coñece