Coñece a túa provincia.
Listaxe PROVISIONAL de admitidos, de agarda e excluídos do programa Coñece a túa provincia (Anualidade 2023) (B.O.P. do 04/02/2023)
Qué é?
Coñece a túa provincia é un programa da Deputación de Lugo que ten como fin a realización de viaxes gratuitos de un día de duración pola provincia destinadas a asociacións con sede na provincia de Lugo.
Os fins deste programa son:
- Contribuír á reactivación da hostalería e do turismo provincial para axudar a paliar os efectos adversos provocados pola pandemia da Covid 19, favorecendo a creación e mantemento do emprego directo e indirecto.
- Apoiar e dar visibilidade tanto aos diferentes destinos como aos establecementos e profesionais que forman parte da cadea de valor do sector do turismo e da hostalería na provincia de Lugo.
- Contribuír á recuperación da confianza da demanda turística e á promoción da provincia de Lugo como destino seguro.
- Servir como instrumento de sensibilización das veciñas e veciños sobre o potencial turístico dos 67 concellos da provincia de Lugo e da importancia da preservación do seu legado natural e cultural como elemento que contribúe ao desenvolvemento sostible no eido económico, social e medioambiental.
- No marco da Axenda 2030 (meta 8.9), impulsar un turismo sostible, que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.
A quen vai dirixido?
Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo, que non perderan o dereito a participar na pasada edición 2022.
Cada asociacións desfrutará dunha única viaxe na que poderán participar un mínimo de 11 persoas e o máximo de 23. De non acadarse o mínimo de 11 persoas para formar grupo, a viaxe será anulada.
Na anualidade 2022 ofertaranse un máximo de 3036 prazas, repartidas nos seguintes períodos:
- Primavera (entre os meses de marzo e xuño): un máximo de 1794 prazas.
- Outono (entre os meses de setembro e novembro): un máximo de 1242 prazas.
A orde de prelación da listaxe de entidades admitidas establecerase conforme á orde de presentación das solicitudes no correspondente rexistro, segundo data e hora que figure na documentación, ata esgotar as prazas dispoñibles e tendo en conta a seguinte orden:
1º.-Entidades que soliciten participar no programa por primeira vez
2º.-Entidades que participaron no programa en anteriores edicións.
Que inclúe o programa?
A excursión concedida a cada entidade beneficiaria do programa “COÑECE A TÚA PROVINCIA” incluirá o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Con cada grupo participante irá en todo momento un guía acompañante, sendo as visitas realizadas por profesionais que conten coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal encargado de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.
En que datas se poderá desfrutar?
As entidades interesadas poderán sinalar opcionalmente o mes de preferencia para realizar a excursión entre os meses de marzo, abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro (a elección do mes non é vinculante para a Deputación de Lugo)
Cales son o destinos que se poden escoller?
Cada asosciación, na súa solicitude, poderá escoller entre un mínimo de tres e un máximo de cinco opcións, entre o seguinte catálogo.
A MARIÑA |
RUTA 1 (O VICEDO, VIVEIRO E OUROL) Visita á área etnográfica da Insua, panorámica da praia de Covas (Viveiro), visita á fervenza da Xestosa (Ourol) e visita ao Fuciño do Porco e á praia de Abrela (O Vicedo). |
RUTA 2 (XOVE E VIVEIRO) Visita ao faro de Punta Roncadoira (Xove). Visita ao monumento natural do Souto da Retorta (eucaliptos de Chavín) e ao casco histórico de Viveiro. |
RUTA 3 (CERVO) Visita á fábrica de Sargadelos e á vila de San Cibrao: carpintería de ribeira e Museo do Mar (Cervo). |
RUTA 4 (BURELA E FOZ) Visita ao porto pesqueiro e ao barco-museo boniteiro Reina del Carmen. Visita panorámica das praias de Foz dende o paseo marítimo (Peizás, Llás). Visita á vila de Foz (percorrido dende o porto pesqueiro á praia da Rapadoira) e visita á basílica e centro de interpretación de San Martiño. |
RUTA 5 (BARREIROS E RIBADEO) Percorrido a pé polo paseo marítimo Barreiros, visita á praia das Catedrais e Rinlo. Visita ao casco histórico de Ribadeo. |
RUTA 6 (LOURENZÁ E MONDOÑEDO) Visita á igrexa parroquial do Mosteiro de Lourenzá, centro de interpretación da faba e cooperativa Terras da Mariña. Visita ao casco histórico de Mondoñedo. |
RUTA 7 (O VALADOURO E ALFOZ) Visita á fervenza do Pozo da Onza (O Valadouro) . Visita ao domen de Santo Tomé ou á igrexa de Santa Cruz. Visita ao castelo de Castrodouro e á Finca Galea (Alfoz). |
RUTA 8 (TRABADA, A PONTENOVA E RIOTORTO) Visita ao Museo Etnográfico José Rocha (Trabada). Visita aos fornos da Pontenova e ao museo da pesca. Visita ao Mazo da Fraga en Ferreiravella (Riotorto). |
RIBEIRA SACRA LUCENSE |
RUTA 9 (MONFORTE) Visita ao conxunto histórico de San Vicente do Pino e torre da homenaxe, explicación do Colexio do Cardeal e visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra. |
RUTA 10 (SOBER) Visita a unha adega en Amandi, visita á Rectoral de Gundivós, con demostración de olaría tradicional, visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil. |
RUTA 11 (SOBER, MONFORTE) Visita a unha igrexa románica en Sober e a un miradoiro. Percorrido en catamarán polo Canón do Sil (catamarán da Deputación de Lugo). *De non estar dispoñible o catamarán, visitarase o Pazo de Tor e o conxunto monumental de San Vicente do Pino en Monforte de Lemos. |
RUTA 12 (O SAVIÑAO) Visita ao Ecomuseo de Arxeriz, miradoiro do Cabo do Mundo II en San Lourenzo de Fión e percorrido en catamarán polo Miño dende Belesar pobo (catamarán da Deputación de Lugo -suxeito a dispoñibilidade de datas-).
|
RUTA 13 (TABOADA, CHANTADA) Visita á igrexa de San Pedro de Bembibre ou á igrexa de Taboada dos Freires, visita ao casco histórico de Chantada, visita á igrexa de Nogueira de Miño (Chantada) ou San Salvador de Asma e a unha adega. |
RUTA 14 (PANTÓN, CARBALLEDO) Visita a unha adega, visita ao pobo dos Peares, visita ao convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón e á igrexa de San Miguel de Eiré. |
RUTA 15 (PARADELA, PORTOMARÍN) Visita á igrexa de San Facundo de Ribas de Miño e ao miradoiro de Cabodevila. Visita á vila de Portomarín e os seus monumentos. Visita ao castro de Castromaior (acceso a pé). |
RUTA 16 (BÓVEDA, A POBRA DO BROLLÓN) Visita á aula forestal Os Trollos (Bóveda), visita ás adegas de Vilachá e ao miradoiro da Capela. Visita ao castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón). |
RUTA 17 (RIBAS DE SIL, QUIROGA) Visita ao Xeomiradoiro de Louxoá e á igrexa de Torbeo (Ribas de Sil). Visita ao museo Xeolóxico de Quiroga e ao túnel romano de Montefurado. |
RUTA 18 (QUIROGA) Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga e Xeomiradoiro de Campodola. Visita a unha adega e ao Castelo de Torrenovaes |
O COUREL, ANCARES, TERRAS DE BURÓN E CAMIÑO FRANCÉS NA COMARCA DE SARRIA |
RUTA 19 (O COUREL) Visita á aula da Natureza de Moreda na Devesa da Rogueira ou á Fundación Uxío Novoneyra. Visita ao castro da Torre e á aldea de Seceda (Folgoso do Courel) |
RUTA 20 (CERVANTES, NAVIA DE SUARNA) Visita á aldea de Piornedo (Cervantes). Visita á localidade de Navia de Suarna e a unha fábrica de embutidos. |
RUTA 21 (BECERREÁ, AS NOGAIS, CERVANTES) Convento de Penamaior e Ponte de Gatín (Becerreá), Torre de Doncos (As Nogais) e castelo de Doiras (Cervantes). |
RUTA 22 (O INCIO) Visita ao encoro de Vilasouto, visita á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, santuario de San Eufrasio, aldea de Ferrería e monumento ao mamut (O Incio). |
RUTA 23 (BALEIRA, RIBEIRA DE PIQUÍN) Visita ás áreas recreativas de Fonteo (centro de interpretación do Río Eo) e A Cortevella (Baleira), visita ao miradoiro de San Xurxo e á área recreativa do Chao do Pousadoiro. |
RUTA 24 (A FONSAGRADA, NEGUEIRA DE MUÑIZ) Visita á seimeira de Vilagocende, Museo Comarcal (A Fonsagrada) e visita a unha adega (Negueira de Muñiz). |
RUTA 25 (PEDRAFITA DO CEBREIRO, TRIACASTELA) Visita á aldea do Cebreiro (santuario e palloza- museo), percorrido polo Camiño Francés ata o primeiro hito (2 km) e visita á localidade de Triacastela. *No caso de que asistan á excursión persoas con dificultade para camiñar, o percorrido polo Camiño de Santiago substituirase por unha parada adicional en Samos. |
RUTA 26 (SAMOS E SARRIA) Visita ao Mosteiro de Samos, capela do Ciprés e casco histórico de Sarria. |
LUGO, A ULLOA E A TERRA CHÁ |
RUTA 27 (LUGO) Visita á muralla e casco histórico de Lugo, Museo Provincial, capela do Carme, Sala Porta Miñá, ponte romana, termas romanas. |
RUTA 28 (MEIRA, CASTRO DE REI E A PASTORIZA) Visita ao castro e museo de Viladonga (Castro de Rei), Pedregal de Irimia, Igrexa de Santa María (Meira) e lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza). |
RUTA 29 (COSPEITO, VILALBA) Visita á lagoa de Cospeito e museo das aves, casco histórico de Vilalba e Museo Arqueolóxico e da Prehistoria. |
RUTA 30 (GUITIRIZ, FRIOL) Visita á ponte e igrexa de San Alberte, fonte de Pardiñas e visita a unha panificadora (Guitiriz), visita ao Museo de San Paio de Narla e paseo fluvial (Friol). |
RUTA 31 (BEGONTE, RÁBADE, OUTEIRO DE REI) Visita á lagoa de Riocaldo (Begonte), ponte vella e contorna do Miño -Insuas do Miño- (Rábade), demostración de olaría de Bonxe e visita a Penas de Rodas (Outeiro de Rei). |
RUTA 32 (ABADÍN, A PASTORIZA, POL) Igrexa de Santa María (Abadín), museo etnográfico- pedagóxico Villapol (A Pastoriza), muíño do Pacio e área recreativa do Azúmara (Pol). |
RUTA 33 (XERMADE, MURAS): Visita ao parque eólico experimental de Sotavento (Xermade), Cristo enxoito, explicación da escola habanera de Roupar, visita á área recreativa da Veiga e visita á igrexa de Santa María de Viveiró (Muras). |
RUTA 34 (O CORGO, LÁNCARA, O PÁRAMO) Vista do pazo de Adai (O Corgo), ponte de Carracedo e vista exterior do Pazo de Láncara, campo da feira de Vilarmosteiro e visita á igrexa de San Xoan de Friolfe (O Páramo). |
RUTA 35 (BARALLA, CASTROVERDE) Visita á igrexa de Berselos (Baralla), visita ao convento de Vilabade e torre- fortaleza (Castroverde), breve incursión polo Camiño Primitivo ata a igrexa de Soutomerille (Castroverde). |
RUTA 36 (GUNTÍN, PALAS DE REI) Visita á igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares e ponte cabalar (Guntín), Visita á igrexa de Vilar de Donas e ao Castelo de Pambre (Palas de Rei). |
RUTA 37 (MONTERROSO, ANTAS DE ULLA) Visita á igrexa de San Cristovo de Novelúa e área recreativa da Peneda (Monterroso), visita ás igrexas de Amoexa, San Xoan e Santa Mariña de Castro de Amarante e á Fortaleza de Amarante (Antas de Ulla). |
Bases do programa:
B.O.P do 09 de xaneiro do 2023.
Inscripcións:
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, isto é, dende o 10 de xaneiro do 2023 ata o 24 de xaneiro do 2023.
As solicitudes deberán formalizarse a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo (No espazo Trámites Xerais / Coñece A Túa Provincia) ou a través do Rexistro Xeral da Deputación de Lugo (previa cita no teléfono 982 260 030), onde se deberá aportar, ademáis do Anexo I cumplimentado unha copia do NIF da entidade.
Igualmente, as solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros que menciona o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro. Se as solicitudes se presentaran na oficina de Correos, farase de acordo co artigo 31 do Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o Regulamento de prestación de Servizos Postais
Anexos: (NON CUBRIR OS ANEXOS NO NAVEGADOR - Descargalo e cubrilo directamente no PC)
Información:
Pode solicitar información no correo atuaprovincia@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982260234 – 982260011 – 982260219.
COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2021
LISTAXE DE ENTIDADES ADMITIDAS, EN LISTA DE AGARDA E EXCLUÍDAS - Edición 2021 (B.O.P 16/08/2021)
Bases do programa (Edición 2021):
COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2022
LISTAXE DE ENTIDADES ADMITIDAS, EN LISTA DE AGARDA E EXCLUÍDAS - Edición 2022 (B.O.P 12/02/2022)
Bases do programa (Edición 2022):
B.O.P do 17 de xaneiro do 2022.