banner

Coñece a túa provincia.

PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES FINALIZADO

Qué é?

Coñece a túa provincia é un programa da Deputación de Lugo que ten como fin a realización de viaxes gratuitos de un día de duración pola provincia destinadas a asociacións con sede na provincia de Lugo.

 

1
2
3
4

 

A quen vai dirixido?

Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo que non perderan o dereito a participar na pasada edición do 2023.

Cada asociacións desfrutará dunha única viaxe na que poderán participar un mínimo de 15 persoas e o máximo de 23. De non acadarse o mínimo de 15 persoas para formar grupo, a viaxe será anulada. 

Na anualidade 2024 ofertaranse un máximo de 1840  prazas

A orde de prelación da listaxe de entidades admitidas establecerase conforme á orde de presentación das solicitudes no correspondente rexistro, segundo data e hora que figure na documentación, ata esgotar as prazas dispoñibles.

 

Que inclúe o programa?

A excursión concedida a cada entidade beneficiaria do programa “COÑECE A TÚA PROVINCIA” incluirá o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Con cada grupo participante irá en todo momento un guía acompañante, sendo as visitas realizadas por profesionais que conten coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal encargado de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

 

Devesa da Rogueira
Piornedo
Doncos
Samos

 

Cales son o destinos que se poden escoller?

 

Cada asociación, na súa solicitude, poderá escoller entre un máximo de cinco opcións, entre o seguinte catálogo.

 

 A MARIÑA

RUTA 1: O VICEDO

Visita ás pontes do río Sor e ruta polas principais praias do Vicedo. Visita ao porto do Vicedo e ao miradoiro de San Román.
Opcional: visita ao Fuciño do Porco (en substitución dalgunhas das visitas anteriormente indicadas e segundo preferencia das entidades beneficiarias). Nota: a visita ao Fuciño do Porco non está recomendada para persoas con dificultade para camiñar.

RUTA 2: XOVE

Visita ao faro de Punta Roncadoira, porto de Morás, contorna do Cabo de Morás, parque de fabricación de dolos e Portocelo. Visita á área arqueolóxica de San Tirso. Visita ás praias de Lago e Esteiro.

RUTA 3: VIVEIRO

Visita ao miradoiro de San Roque, ao casco antigo de Viveiro e ao obradoiro de Cerámica Regal ou ao Monumento Natural do Souto da Retorta.

RUTA 4: CERVO

Visita á fábrica de Sargadelos e San Cibrao: carpintería de ribeira, praia do Torno e Museo do Mar.

RUTA 5: BURELA

Percorrido á lonxa de Burela e ao barco-museo boniteiro Reina del Carmen. Visita á asociación de mariñeiros xubilados “A Moncloa” e ás redeiras de Burela.

RUTA 6: FOZ

Visita á vila de Foz. Panorámica do litoral polo paseo marítimo ata as praias de Llás e Peizás. Visita á la basílica de San Martiño de Mondoñedo, ao centro de interpretación de San Martiño e ao espazo Caritel.

RUTA 7: BARREIROS E RIBADEO

Percorrido a pé por un tramo do paseo marítimo de Barreiros e visita á praia das Catedrais e Rinlo. Visita ao casco histórico de Ribadeo

RUTA 8: LOURENZÁ

Visita á igrexa parroquial do Mosteiro de Lourenzá, centro de interpretación da faba, fortaleza de Tovar e Cooperativa Terras da Mariña

RUTA 9: MONDOÑEDO

Visita ao casco antigo de Mondoñedo e ao cemiterio vello. Visita ao centro de interpretación do Camiño Norte e a un museo municipal (museo da imprenta ou casa- museo de Álvaro Cunqueiro). Visita ao Barrio dos Muíños, á “ponte do Pasatempo” e a un obradoiro artesán no Barrio dos Muíños.

RUTA 10: O VALADOURO E ALFOZ

Visita ao Museo do Mel do Valadouro. Visita ao castelo de Castrodouro e á Finca Galea (Alfoz). Opcional: visita ao Pozo da Onza ou á igrexa de Santa Cruz do Valadouro.

RUTA 11: RIOTORTO E TRABADA

Visita a un ferreiro ou ao Mazo da Fraga en Ferreiravella. Visita ao museo etnográfico José Rocha en Trabada. Visita a un obradoiro de artesanía en Trabada

RUTA 12: A PONTENOVA E TRABADA

Visita aos fornos da Pontenova, área recreativa de Boulloso, miradoiro da Panda, aula da pesca e miradoiro ornitolóxico de Ría de Abres en Trabada.

 

 

RIBEIRA SACRA LUCENSE

RUTA 13: MONFORTE

Visita ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, visita ao conxunto monumental de San Vicente do Pino. Visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra. Explicación do Colexio de Nosa Señora da Antiga.

RUTA 14: SOBER

Visita á rectoral de Gundivós (demostración de olaría tradicional), visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil. Visita a unha adega da subzona de Amandi.

RUTA 15: SOBER E MONFORTE

Visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil e a unha igrexa románica. Percorrido en catamarán polo Canón do Sil.

RUTA 16: O SAVIÑAO

Visita ao Ecomuseo de Arxeriz, ao miradoiro do Cabo do Mundo II e percorrido en catamarán polo Miño dende Belesar pobo.

No caso de non estar dispoñible o catamarán, visitarase unha igrexa románica e unha adega.

RUTA 17: TABOADA- CHANTADA

Visita ás igrexas de San Pedro de Bembibre e Taboada dos Freires (Taboada), visita ao casco histórico de Chantada e á igrexa de San Salvador de Asma. Visita a unha adega da subzona de Chantada. 

RUTA 18: CHANTADA- O SAVIÑAO

Visita á igrexa de Santa María de Nogueira de Miño. Visita ao casco histórico de Chantada. Visita á igrexa de San Estevo de Ribas de Miño e a unha adega da subzona de Chantada.

RUTA 19: PANTÓN E CARBALLEDO

Visita ao convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón e á igrexa de San Miguel de Eiré. Visita ao pobo dos Peares. Explicación do encoro dos Peares. Visita a unha adega.

RUTA 20: PORTOMARÍN E PARADELA

Visita a Portomarín e aos seus monumentos. Visita ao castro de Castromaior. Visita á igrexa de San Facundo de Ribas de Miño ou á igrexa de Santa María de Ferreirós no Camiño Francés.

RUTA 21: BÓVEDA- A PROBRA DE BROLLÓN

Visita á aula forestal Os Trollos en Bóveda. Visita ao conxunto de adegas centenarias en Vilachá de Salvadur, visita a unha adega en Vilachá e ao castro de San Lourenzo.

RUTA 22: RIBAS DE SIL E QUIROGA

Visita abadía de San Clodio e ao centro de interpretación da minería aurífera en Ribas de Si l . Visita ao túnel e igrexa de Montefurado. Visita a unha adega.

RUTA 23: QUIROGA

Visita ao Museo Xeolóxico ou ao Museo Etnográfico. Visita a unha empresa produtora de viño e aceite de Quiroga. Visita a un obradoiro de artesanía

 

 

 

O COUREL, ANCARES, TERRAS DE BURÓN E CAMIÑO FRANCÉS NA COMARCA DE SARRIA

RUTA 24: O COUREL

Visita á Fundación Uxío Novoneyra e á aldea de Seceda (Folgoso do Courel). Visita ao castro da Torre ou á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital do Incio.

RUTA 25: PIORNEDO E NAVIA DE SUARNA

Visita á aldea de Piornedo (con entrada á palloza- museo Casa do Sesto). Visita á vila de Navia de Suarna e a unha fábrica de embutidos.

RUTA 26: BECERREÁ E AS NOGAIS

á igrexa do Convento de Penamaior. Percorrido polo bosque dos Grobos. Explicación da ponte de Cruzul. Visita ao miradoiro panorámico da Torre de Doncos. Visita á igrexa de Santo André das Nogais.

RUTA 27: O INCIO

Visita ao encoro de Vilasouto, á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, ao santuario de San Eufrasio, á aldea de Ferrería, fonte mineiromedicinal e monumento ao mamut.

RUTA 28: BALEIRA E RIBEIRA DE PIQUÍN

Visita visita ás áreas recreativas de Fonteo e A Cortevella (Baleira), visita ao miradoiro de San Xurxo e á Fundación TerrEo na Ribeira de Piquín

RUTA 29: A FONSAGRADA

Visita ao Museo Comarcal da Fonsagrada e a unha fábrica de embutidos. Visita á seimeira de Vilagocende.

RUTA 30: NEGUEIRA DE MUÑIZ

Visita a unha adega e ao museo do mel.

RUTA 31: PEDRAFITA DO CEBREIRO E TRIACASTELA/CERVANTES

Visita á aldea do Cebreiro. Visita a unha queixería en Pedrafita. Visita á localidade de Triacastela. Opcionalmente, poderá visitarse o castelo de Doiras en substitución dalgunhas visitas anteriormente indicadas.

RUTA 32: SAMOS E SARRIA

Visita ao Mosteiro de Samos. Visita ao casco histórico de Sarria, Rúa do Porvir e museo do pan.

 

 

LUGO, A ULLOA E A TERRA CHÁ

RUTA 33: LUGO

Visita á muralla romana, catedral e casco histórico de Lugo, parque de Rosalía de Castro, Museo Provincial. Visita á Domus do Mitreo ou á casa dos Mosaicos

RUTA 34: MEIRA, CASTRO DE REI E POL

Visita visita ao castro e museo de Viladonga (Castro de Rei), Pedregal de Irimia e igrexa de Santa María (Meira), visita á área recreativa do Azúmara ou á igrexa de Cirio (Pol).

RUTA 35: COSPEITO E VILALBA

Visita á lagoa de Cospeito e casco histórico de Vilalba. Visita ao Paseo dos soños. Visita á charca do Alligal.

RUTA 36: GUITIRIZ E FRIOL

Visita á fonte de San Xoan de Lagostelle e finca do Balneario. Visita á fonte mineiromedicinal de Pardiñas. Visita a un obradoiro de cantería en Parga. Visita ao Museo de San Paio de Narla.

RUTA 37: BEGONTE, OUTEIRO DE REI E RÁBADE

Visita ao arboretum de Galicia en Begonte ou á igrexa de Santiago de Baamonde, ponte vella de Rábade, casa das insuas e área recreativa de Penas de Rodas. Opcional: visita ao Museo de la olaría de Bonxe e demostración en vivo ou visita á Casa Museo de Manuel María

RUTA 38: ABADÍN, A PASTORIZA E CASTRO DE REI

Visita á lagoa de Caque, breve tramo do Camiño de Santiago ata a igrexa de Santa María de Abadín, visita ao CIN de Bretoña e á lagoa de Fonmiñá na Pastoriza.

RUTA 39: XERMADE

Visita ao parque eólico experimental de Sotavento, visita á aldea artesá da Fraga, ao “Cristo enxoito” e á escola habanera.

RUTA 40: MURAS E OUROL

Vista guiada pola ruta da arquitectura indiana de Ourol e cemiterio de Xerdiz, visita á fervenza do río Xestosa. Parada en Muras, con visita á igrexa de San Pedro e área recreativa da Veiga.

RUTA 41: LÁNCARA, O PÁRAMO E O CORGO

Visita ao Museo Vivo e Integrado do Campo e da locomoción agraria de Trasliste (Láncara) –MUVICLA-; visita ao conxunto de San Salvador de Castrillón e vista exterior do Pazo de Adai no Corgo. Visita á igrexa de Friolfe e campo da feira de Vilarmosteiro.

RUTA 42: BARALLA E CASTROVERDE

Visita visita á igrexa de Berselos (Baralla), visita ao convento de Vilabade e torre- fortaleza (Castroverde). Breve incursión polo Camiño Primitivo ata a capela de Soutomerille (Castroverde)

RUTA 43: GUNTÍN E PALAS DE REI

Visita á igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares (Guntín). Visita ao Castelo de Pambre e á igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei).

RUTA 44: MONTERROSO E ANTAS DE ULLA

Visita á área recreativa da Peneda ou ao Centro de Interpretación das Feiras. Visita á aldea de Santa Mariña, á igrexa de Amoexa e á fortaleza de Amarante.

  

 

Muralla
San Paio de Narla
Láncara
Pambre

 

 

Bases do programa:

B.O.P do 08  de maio  do 2024.

Inscripcións:

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, isto é, dende o 09  de maio do 2024 ata o 23  de maio do 2024. PRAZO FINALIZADO. 

As solicitudes deberán formalizarse a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo (No espazo Trámites Xerais / Coñece A Túa Provincia) ou a través do Rexistro Xeral da Deputación de Lugo,  onde se deberá aportar, ademáis do Anexo I cumplimentado unha copia do NIF da entidade. 

Igualmente, as solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros que menciona o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro. Se as solicitudes se presentaran na oficina de Correos, farase de acordo co artigo 31 do Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o Regulamento de prestación de Servizos Postais

Anexos: (NON CUBRIR OS ANEXOS NO NAVEGADOR - Descargalo e cubrilo directamente no PC)

Anexo I

Anexo II

Información:

Pode solicitar información no correo atuaprovincia@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982260234 – 982260011 – 982260219.

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2021

LISTAXE DE ENTIDADES ADMITIDAS, EN LISTA DE AGARDA E EXCLUÍDAS - Edición 2021 (B.O.P 16/08/2021)

Bases do programa (Edición 2021):

B.O.P do 30 de xuño do 2021.

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2022

LISTAXE DE ENTIDADES ADMITIDAS, EN LISTA DE AGARDA E EXCLUÍDAS - Edición 2022 (B.O.P 12/02/2022)

Bases do programa (Edición 2022):

B.O.P do 17 de xaneiro do 2022.

 

COÑECE A TÚA PROVINCIA - EDICIÓN 2023

Listaxe PROVISIONAL de admitidos, de agarda e excluídos do programa Coñece a túa provincia (Anualidade 2023) (B.O.P. do 04/02/2023)

Listaxe DEFINITIVA de admitidos, de agarda e excluídos do programa Coñece a túa provincia (Anualidade 2023) (B.O.P. do 24/02/2023)

 

Coñece