Deputación de Lugo
Turismo

Case un milleiro de persoas participaron na III Feira do Porco Celta de Sarria, financiada pola Deputación e o Concello

Sarria
Fiporco
FIPORCO 2019
O Executivo Provincial achegou 3.000 euros para a celebración da Feira, da que é o principal patrocinador xunto co Concello de Sarria. A Feira contou con 16 expositores do produto e 3 restaurantes nos que se puido degustar o Cocido do Porco Celta

Rivera Capón puxo en valor “a relevancia que acadou esta cita gastronómica, non só para a comarca de Lugo, senón para toda a provincia, como impulsor da raza autóctona do Porco Celta e da súa gastronomía”

O Goberno da Deputación colabora tamén financiando, a través de ASOPORCEL, programas sanitarios nas explotacións de porco celta da provincia. Trátase de programas que as explotacións deben pasar para poder comercializar estes produtos

O Deputado pola comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, participaron este sábado na III Feira Internacional do Porco e os seus produtos FIPORCO e XI Festa do Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria. Esta cita gastronómica reúne cada ano a un milleiro de persoas, e conta co principal patrocinio do Executivo Provincial e o Concello de Sarria. O Goberno da Deputación colabora con este evento cunha achega de 3.000 euros.

Rivera Capón puxo en valor “a relevancia que acadou este evento, non só para a Comarca de Sarria, senón para toda a provincia, como impulsor da raza do Porco Celta e da súa gastronomía. FIPORCO converteuse nunha cita de referencia dentro do calendario gastronómico da nosa provincia, sendo capaz de reunir a un milleiro de amantes dos produtos derivados desta raza autóctona”.

A III Edición da Feira Internacional do Porco e os seus produtos FIPORCO e XI Festa do Cocido do Porco Celta, permitiu promover o porco celta como única raza porcina española autorizada para o uso do logotipo Raza Autóctona 100%. Neste senso, o Executivo Provincial colabora tamén financiando, a través da Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta ASOPORCEL, programas sanitarios nas explotacións de porco celta da provincia para axudar aos produtores lucenses. Trátase de programas que as explotacións precisan cumprir para poder comercializar estes produtos.

A III Edición da Feira Internacional do Porco e os seus produtos FIPORCO e XI Festa do Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria celebrada na capital da comarca, foi organizada pola Academia Galega de Gastronomía. Contou 16 expositores do produto e 3 establecementos hostaleiros nos que se puido degustar o Cocido do Porco Celta.

Expositores e establecementos participantes
Os expositores que houbo na Feira foron: Teijeiro SL, Cárnicas Sabelugo SL, Embutidos Casa Neiras, Embutidos Suarna SL, Cachenas de San Breixo, ASOPORCEL, Boaga (Federación de razas autóctonas), Queserías Sarrianas, Torta de Sarria, Queixos Casa López, Do Souto, Mel Abella Celta, Arlo productos gourmet, Embutidos Abuela Delfina, Gran Despensa Real Abadía de Samos e Embutidos Oribio Samos.Os tres restaurantes adheridos nos que se puido degustar o porco celta foron: Hotel A Veiga de Samos, Hotel Roma e Hotel Alfonso IX.