Reserva Científica Observer®
|
|
As Reservas Científicas Observer® son espazos naturais protexidos, de excepcionais características e valores, cuxa riqueza natural e singularidades convértenos en espazos únicos nos que xa se veñen desenvolvendo actividades científicas, non só de carácter turístico senón tamén de investigación.
O 1 de marzo de 2019 as Montañas dos Ancares e Courel recibiron a acreditación como Destino de Turismo Científico outorgada por ObserverScienceTourism.com e que avala o potencial deste territorio como reserva científica. A través do distintivo Observer® desenvolverase na zona unha estratexia para impulsar neste territorio un modelo de turismo pegado á ciencia e á posta en valor dende o coñecemento, de xeito sostible, dos seus recursos naturais.
O territorio que comprende as MONTAÑAS DE ANCARES E O COUREL engloba espazos naturais con distintos grados de protección medioambiental e que deben combinar de maneira eficiente a actividade turística coa protección dos seus valores naturais e culturais.
Co Turismo Científico protéxese e consérvase a biodiversidade, ao tempo que se fomentan actividades económicas e turísticas.
Este tipo de turismo vinculado á Ciencia, supón un motor de desenvolvemento económico cun importante efecto multiplicador nos territorios, ao ser capaz de formar novas redes, e intensificar as relacións entre os tres principais actores que configuran o modelo: Administracións Públicas, Universidades e tecido empresarial.
O Turismo Científico desenvolvido por Observer® nas Montañas de Ancares e Courel é de tres tipos: