Premios

 

BASES DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE, PREMIO TURISMO SOSTIBLE E ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2024 

B.O.P. do día 04 de xuño do 2024 onde se convocan as Bases dos premios Lugo Cambia ao Turismo, Premio Turismo Sostible e ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense PRAZO FINALIZADO

CONCESIÓN DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE, ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE E PREMIO TURISMO SOSTIBLE PARA A ANUALIDADE 2024

B.O.P do día 25 de setembro do 2024 onde se concede os premios "Lugo Cambia ao Turismo Lucense" , "...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense" e o Premio Turismo Sostible para a anualidade 2024.

Acto de entrega dos Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense , ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense e Premio Turismo Sostible do ano 2024.

Premios Lugo Cambia ao Turismo, Premios Turismo Sostible e Premios ...E para comer, Lugo á gastronomía

Os premios "Lugo Cambia" ao Turismo, Premios Turismo Sostible e Premios "...E para comer, Lugo" á gastronomía lucense teñen por obxecto recoñecer publicamente a dedicación de distintas empresas, persoas, institucións ou entidades e os seus méritos polo traballo realizado en prol do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística, a sostibilidade turística, a traxectoria profesional e a posta en marcha de actuacións innovadoras e/ou exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía da provincia de Lugo, ben no seu conxunto ou nun ámbito territorial inferior comprendido dentro da provincia.

Arroz en Rinlo
Meandros do río Navia
Lacón
Queixo do Cebreiro
Grelos
Queixo de tetilla
Porco Celta
Elaboración con Porco Celta
  • Modalidades:

MODALIDADE A: Premios “Lugo Cambia ao Turismo Lucense”

Poderán presentarse a esta modalidade:
- Entidades públicas ou aquelas das que na súa organización forme parte o sector público.
- Empresas, profesionais independentes e traballadores e traballadoras do sector turístico. Poderán concorrer tamén persoas ou entidades privadas que teñan realizada unha labor de investigación ou divulgación da provincia no ámbito turístico con resultados vixentes na actualidade ou que teñan realizado unha aportación destacada no eido do turismo no ano inmediatamente anterior a esta convocatoria.
- Colectivos profesionais, asociacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan unha labor que garde relación co sector turístico.

Os méritos cos que poderán concorrer nesta modalidade deberán estar relacionados con algún dos seguintes ámbitos:
- A dedicación e traxectoria profesional exemplar.
- O desenvolvemento de accións innovadoras en materia de creación de produtos turísticos singulares, novos ou de éxito.
- O desenvolvemento de accións de promoción innovadoras.
- O traballo en prol da calidade turística.
- A creación ou posta a disposición de ferramentas TIC que repercutan positivamente na experiencia das persoas visitantes e/ou na xestión das empresas e destinos turísticos.
- O desenvolvemento de actuacións que contribúan á accesibilidade, física e/ou intelectual, aos recursos e/ou servizos turísticos da provincia de Lugo.
- Accións en materia de recuperación de bens do patrimonio cultural ou natural e accións de embelecemento da paisaxe ou do medio.
- Traballos de investigación turística e/ou publicacións científicas ou xornalísticas, que baseen a súa temática nos recursos, empresas e/ou servizos turísticos da provincia de Lugo e que acheguen datos ou conclusións vixentes no momento da proposta da candidatura. No caso de que un traballo de investigación se desenvolva no contexto dunha titulación académica deberá ter sido cualificado como mínimo, cunha puntuación de sobresaínte, para o que se deberá achegar o certificado expedido pola entidade competente.
- O labor que desenvolvan persoas físicas en calidade de divulgadoras turísticas da provincia de Lugo.
- O desenvolvemento de prácticas laborais exemplares.

Agás no caso do recoñecemento a unha traxectoria profesional exemplar, os proxectos e iniciativas concretas nas que, de ser o caso, puidese fundamentarse a candidatura para a recepción destes premios deberán ter carácter actual, desenvolverse no marco dun plan vixente no momento da candidatura ou ben, como máximo, terse realizado no ano inmediatamente anterior a esta convocatoria, pero con vixencia na actualidade.


MODALIDADE B: “Premio Turismo Sostible”

Poderán presentarse a esta modalidade:
- Entidades públicas ou aquelas das que na súa organización forme parte o sector público.
- Empresas, profesionais independentes e traballadores e traballadoras do sector turístico. Poderán concorrer tamén persoas ou entidades privadas que teñan realizada unha labor de investigación ou divulgación da provincia no ámbito do turismo sostible con resultados vixentes na actualidade ou que teñan realizado unha aportación destacada no eido do turismo sostible no ano inmediatamente anterior a esta convocatoria.
- Colectivos profesionais, asociacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan unha labor que garde relación co sector turístico.

Os méritos cos que poderán concorrer a esta modalidade estarán relacionados co desenvolvemento de iniciativas ligadas ao turismo sostible nas súas diferentes vertentes (social, económica e medioambiental) e/ou co cumprimento de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 no ámbito do Turismo.
Os proxectos e iniciativas concretas nas que, de ser o caso, puidese fundamentarse a candidatura para a recepción deste premio deberán ter carácter actual, desenvolverse no marco dun plan vixente no momento da candidatura ou ben, como máximo, terse realizado no ano inmediatamente anterior a esta convocatoria, pero con repercusións vixentes na actualidade.


MODALIDADE C: Premios “…E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense”

Poderán presentarse a esta modalidade:

- Empresas, colectivos e profesionais da gastronomía a título individual. Poderán concorrer tamén persoas ou entidades privadas que teñan realizada unha labor de investigación científica ou divulgación xornalística da gastronomía lucense, ou que teñan realizado unha aportación destacada no eido da gastronomía no ano inmediatamente anterior a esta convocatoria ou no ano en curso.
- Produtores individuais, Consellos Reguladores, Indicacións Xeográficas Protexidas, asociacións de criadores de razas autóctonas e outras entidades similares.
- Entidades públicas ou privadas que baseen a súa candidatura nun evento gastronómico ou de exaltación de produtos lucenses recoñecido pola súa repercusión e do que sexan organizadoras.

Os méritos cos que poderán concorrer nesta modalidade deberán estar relacionados con algún dos seguintes ámbitos:

- O traballo ou traxectoria profesional exemplar.
- As accións de promoción e fomento do consumo de produtos autóctonos, organización de eventos gastronómicos con produtos locais ou accións similares.
- Os traballos de investigación ou publicacións científicas ou xornalísticas baseadas na divulgación dos produtos locais, na recuperación de receitas, usos ou costumes tradicionais ligados á gastronomía lucense e na proposta de accións que exploren novas fórmulas para a combinación de tradición e vangarda na preparación dos produtos gastronómicos autóctonos. Os datos e conclusións que se acheguen nestes estudos ou publicacións deberán revestir, segundo o criterio do persoal membro do Consello Provincial de Turismo, carácter de actualidade na súa temática.
- As accións formativas dirixidas a profesionais da gastronomía baseadas no uso de produtos locais.

Agás no caso do recoñecemento a unha traxectoria profesional exemplar, os proxectos concretos nos que, de ser o caso, puidese fundamentarse a candidatura para a recepción destes premios deberán ter carácter actual, desenvolverse no marco dun plan vixente no momento da candidatura ou ben, como máximo, terse realizado no ano inmediatamente anterior a esta convocatoria pero con vixencia na actualidade.

  • Requisitos

As persoas físicas ou xurídicas candidatas aos premios obxecto desta convocatoria deberán cumprir cos seguintes requisitos:

- No caso de persoas físicas, ser maior de idade.
- Realizar ou ter realizado a actividade pola que se propón a candidatura no ámbito territorial da provincia de Lugo.
- Estar ao corrente no cumprimento coas obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes e non ter débedas coa Deputación Provincial de Lugo.
- Estar ao corrente coas obrigas en materia de prevención de riscos laborais no caso de persoas xurídicas e co correspondente aboamento de salarios.
- Estar ao corrente coas obrigas impostas pola normativa en materia de subvencións, no seu caso.
- Non ter sido sancionado ou sancionada con carácter firme en materia turística por parte de ningún organismo competente.
- Non ter sido condenado ou condenada por sentenza firme por ningún feito delituoso.
- Autorizar á Deputación de Lugo á difusión dos datos das persoas, empresas, colectivos, institucións ou outras entidades galardoadas por calquera medio e dos motivos polos que lles foron concedidos os premios.

  • Prazo de presentación: un mes a contar dende o día seguinte da publicación das bases e da convocatoria dende o día segiunte da publicacion das bases e da convocatoria dos premios no B.O.P, isto é ata o 05 de xullo do 2024.
  • Consulta ás bases dos premios nesta ligazón.
  • Modelos Anexos:
  • A solicitude pode presentarse de xeito presencial a través dos rexistros e oficinas sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 01 de outubro, do Procedemento Adminstrativo Común das Administracións Públicas ou a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo. (Trámites Xerais / Premios Turismo)

Playa de Las Catedrales
Pilegue Sinclinal de Campodola
Souto da Retorta
Playa de las Catedrales

Cruzul-Agüiera
Negueira de Muñiz
Ría de Foz- Masma
Cañón del Sil

BASES DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE, PREMIO TURISMO SOSTIBLE E ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2023

B.O.P. do día 02 de maio do 2023 onde se convocan as Bases dos premios Lugo Cambia ao Turismo, Premio Turismo Sostible e ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense


BASES DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE E ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2022

B.O.P. do día 31 de marzo do 2022 onde se convocan as Bases dos premios Lugo Cambia ao Turismo, Premio Turismo Sostible e ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense

B.O.P. do día 16 de xuño do 2022 onde se amplía o prazo de presentación de candidaturas dos premios Lugo Cambia ao Turismo, Premio Turismo Sostible e ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. 

Acto de entrega dos Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense, Premio Turismo Sostible  e ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense do ano 2022.


BASES DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE E ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2021

B.O.P. do día 02 de xuño do 2021 onde se convocan as Bases dos premios Lugo Cambia ao Turismo e ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense

CONCESIÓN DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE E ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2021

B.O.P do día 16 de setembro do 2021 onde se concedes os premios "Lugo Cambia ao Turismo Lucense" e "...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense" para a anualidade 2021.

Acto de entrega dos Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense do ano 2021.


BASES DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE E ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2020

B.O.P. do día 07 de xullo do 2020 onde se convocan as Bases dos premios Lugo Cambia ao Turismo e ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. 

CONCESIÓN DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE E ...E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2020

B.O.P. do día 22 de setembro do 2020 onde se conceden os premios "Lugo Cambia ao Turismo Lucense" e "...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense" para a anualidade 2020. 

Acto de entrega dos Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense do ano 2020.