TURISMO LITERARIO
A provincia de Lugo é terra de escritores. A continuación, amosámosvos os principais recursos vinculados a literatos que se poden atopar no territorio.
Casa Museo e ruta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel)
A coñecida como "Casa da Fonte" é a casa natal de Uxío Novoneyra e sede da súa Fundación. Nela realízanse unha serie de accións para conservar e difundir o legado do poeta do Courel. A casa intégrase na ruta de sendeirismo adicada á súa figura que cubre un traxecto de 6 quilómetros entre Moreda e Parada.
Horarios de visita:
Venres: 16:00 – 19:00 horas.
Sábado e domingo: 11:00 – 14:00 e de 16:00 -19:00 horas.
Outros horarios: Consulta previa.
Paseo dos soños (Vilalba)
A carón do río Magdalena existe un paseo literario de gran beleza que atravesa un típico paisaxe de ribeira. Ao longo do traxecto o visitante poderá descubrir unha serie de “hectómetros” literarios adicados a escritores e artistas ilustres da zona.
Casa Museo Manuel María (Outeiro de Rei)
A Casa Museo, localizada nunca casa de tipoloxía chairega restaurada, é tamén sede da Fundación Manuel María. Trátase dun espazo para dar a coñecer a influencia da obra e a figura de Manuel María na sociedade galega. Dentro dos fondos destaca unha colección que inclúe obras de Castelao, Lugrís e Seoane, unha biblioteca cunha das mellores coleccións particulares do libro galego, documentos manuscritos de persoas relevantes da cultura galega e obxectos persoais do escritor.
Horario de visita:
Inverno
Sábados e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
Domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Verán (de maio a setembro)
Sábados e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
Domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
Pechado os dous últimos fines de semana de decembro e o primeiro de xaneiro.
Para visitas escolares e de grupo concertar telefonicamente para calquera día.
Tarifa de entrada:
-Entrada xeral: 2,5 euros.
-Grupos adultos entre 3 e 25 persoas 2 euros.
-Grupos adultos de máis de 25 persoas 1,80 euros.
Entrada gratuíta para menores de 12 anos e para amigas/os da Casa Museo.
A nosa nobre fala ten. Viaxe ao país de minifundios. Manuel María (1969)
Museo de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo)
Espazo situado en pleno casco histórico nunha casa propiedade da familia do escritor, localizada na Praza da Catedral, na que o propio Cunqueiro establecería a súa vivenda no ano 1949. O museo, que ten o seu acceso polos soportais do Cantón Grande, afonda na obra do escritor mindoniense a través de audiovisuais e paneis gráficos que analizan os aspectos máis importantes do autor e da súa obra. O edificio alberga tamén, na súa planta baixa, un punto de recepción e información para visitantes.
Horario de visita:
De martes a domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas (en temporada alta de luns a domingo)
Prezo:
Entrada individual: 1 euro
Grupos: 0,50 euros / persoa
Dende a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense crearon unha serie de audioguías, unha das cales, a centrada en Mondoñedo, tomou a figura de Álvaro Cunqueiro como base para presentar está vila mariñá.
Audioguía novelada. O Mondoñedo de Álvaro Cunqueiro. Mancomunidade de Concellos da Mariña.
Descubre Vilanova de Lourenzá da man de Francisco Fernández del Riego
Descubre a través desta audioguía ficcionada pola Mancomunidad de Concellos de A Mariña Lucense e protagonizada por Francisco Fernández del Riego, persoeiro clave para entender o desenvolvemento da cultura galega no século XX - nado en Lourenzá e onde viviu os anos de súa infancia na casa familiar da Praza de Linares Rivas, asistindo á escola do vello edificio do mosteiro e desfrutando de cada rincón da vila.
Audioguía novelada. Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria. Mancomunidade de Concellos da Mariña.
Ruta literaria- artística Fiz Vergara Vilariño.(Samos)
Ruta lineal de 7 quilómetros e dificultade baixa posta en marcha por iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Agrupación Cultural Ergueitos de Sarria en homenaxe ao poeta Fiz Vergara Vilariño. Ao longo da ruta poden verse diferentes esculturas con poemas deste ilustre samonense. A ruta comeza en Airapadrón e finaliza preto da casa natal do poeta.
Ruta de Avelino Díaz (Meira)
Ruta lineal de 10 quilómetros de lonxitude e dificultade media-baixa adicada á memoria do poeta Avelino Díaz. Une a casa natal do escritor no lugar da Travesa ata Meira, pasando por A Pena, onde tiña a súa residencia.