ZEC / ZEPA Ría de Foz - Masma
Na súa confluencia co Cantábrico, o río Masma segue demostrando unha gran capacidade erosiva modelando a paisaxe litoral entre os municipios de Barreiros e Foz para crear unha das rías altas galegas.
Neste lugar, a formación dunha chaira intermareal rodeada de marismas describe un fértil espazo natural cun potente atractivo para as aves migratorias que atopan aquí o seu refuxio en época invernal.
Con marea alta, a ría de Foz convértese no escenario idóneo para a práctica de actividades acuáticas respectuosas co medio ambiente no que se considera un dos epicentros do turismo estival da provincia de Lugo.
Imaxe
