ZEPA Costa da Mariña Occidental

A denominada costa da Mariña Occidental abarca os municipios de Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo e identifícase como un punto estratéxico e de referencia internacional para o avistamento de aves mariñas. Algunha das especies que figuran nos anexos da directiva europea para a declaración de ZEPA e que están presentes na zona son o paiño europeo, o falcón peregrino, a agulla colipinta, o charrán común, a curruca rabilonga, a choiva piquirroja, o correlimos, o virapedras común, a gaivota do Caspio, o corvo mariño grande ou o corvo mariño moñudo, entre outros.

Desde o punto de vista paisaxístico, este tramo costeiro ilústranos ademais con zonas acantiladas modeladas polo Cantábrico, que esculpiu auténticos monumentos naturais como o Cabo de Morás ou a contorna da punta da Roncadoira, en Xove; as ladeiras do Monte Faro en Viveiro, as illas de Ansarón e A Coelleira ou a punta Socastro no Vicedo. Nesta contorna sitúanse tamén praias emblemáticas da Mariña como as de Lago e Esteiro, en Xove, a de Area en Viveiro ou as de Abrela, San Román ou Arealonga no Vicedo, municipio que entre a súa oferta turística inclúe o sendeiro “Costa do Vicedo”, que permite gozar dos atractivos de parte deste espazo natural.

 

Imaxe
Costa da Mariña Occidental