ZEC Ancares - Courel / ZEPA Ancares
En plenas serras orientais lucenses, a zona declarada de Especial Conservación consta de 102.635 hectáreas de extensión que abarcan os municipios de Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas do Sil. Intégrase nas rexións biogeográficas atlántica e mediterránea. Trátase dun territorio marcado por grandes contrastes paisaxísticos entre os encaixados cursos fluviais que percorren estas montañas e os seus puntos de maior altitude como o Pico Mustallar en Ancares (1924 m) e o Formigueiros no Courel (1643 m). Intégrase en parte na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Na súa zona de influencia atópase a Zona de Especial Protección de Aves de Ancares, a Zona de Especial Conservación Cruzul - Agüeira e o Monumento Natural Campodola- Leixazós.
Dentro das especies e formacións de flora máis detacadas sobresaen os soutos de castiñeiros, as carballeiras, as turbeiras altas activas, os bosques aluviais, os prados de dente e de sega e especies como os teixos, os arandos, os acivros, plantas aromáticas, as sobreiras e as aciñeiras que se desenvolven en zonas de substrato calizo que afloran en determinadas lugares, como o val do Visuña, creando formacións que merecen a consideración de monumentos naturais.
ención especial merecen bosques singulares como o faial da Pintinidoira ou a Devesa da Rogueira no Courel, popularmente designada como o último bosque galego e que acolle unha significativa representación do 40% das especies de flora de Galicia. Está situada na aba norte do monte Formigueiros, onde son recoñecibles as pegadas da glaciación. O seu corazón poden percorrerse seguindo unha ruta desde a aula da natureza de Moreda do Courel ou desde o Alto do Couto.
Máis información:
Deputación de Lugo
Telf. 982 227812
ancareslucenses.deputacionlugo.org
ancareslucenses@deputacionlugo.org
Aula da Natureza de Moreda do Courel
Moreda, Folgoso do Courel
Telf. 600 823416/982 294393
conservacion.natureza.lugo@xunta.gal