Monumento Natural Praia das Catedrais-Augasantas

Situada no municipio de Ribadeo  en plena rasa cantábrica, a orixinalmente coñecida como praia de Augas Santas é hoxe una todo un expoñente da beleza natural efémera e en constante cambio, condición que a levou a ser considerada como un dos mellores areais do mundo.

Neste espazo natural, as augas do Cantábrico esculpiron os cantís de lousa e seixo desde tempos inmemoriais, dando lugar a fracturas e formacións de covas e arcos mariños de gran singularidade xeolóxica que semellan os arbotantes dunha catedral gótica.

Integrada na Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación, a praia das Catedrais tamén forma parte da Reserva da Biosfera Eo- Oscos e Terras de Burón. Estas figuras de protección recoñecen a biodiversidade botánica e faunística dos seus hábitats, con especies destacadas como a acelga mariña, a anxélica de mar, os brezais húmidos e secos ou a popular herba de namorar.

As Catedrais é ademais un espazo privilexiado para a observación ornitolóxica de especies como o corvo mariño cristado, o ostreiro euroasiático, o correlimos escuro, o virapedras común , os lagarteiros ou as curuxas, ademais de mamíferos como a lontra ou o arroaz e anfibios como a ra de San Antón ou o lagarto verdinegro.

Para gozar do espazo natural, recoméndase realizar a visita con marea baixa e observar estrictamente as normas de seguridade establecidas. Ademais, en tempada alta establécese un número máximo de visitantes por día e organízanse percorridos guiados polo Monumento Natural, sendo necesaria reserva previa.

 

Máis información:

Información xeral e táboa de mareas: http://ascatedrais.gal/

Reserva de pases en tempada alta na web http://ascatedrais.xunta.gal/

Observación ornitolóxica: http://birding.ribadeo.org/es/

 

Oficina de Turismo de Ribadeo

 Praza de España 27700 Ribadeo, Lugo

Teléfono: 982 12 86 89

turismo@ribadeo.org

Imaxe
As Catedrais