Quen Somos

 

O Servizo de Turismo da Deputación de Lugo asume, entre outras, as competencias recollidas no artigo 6 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do Turismo de Galicia, referidas ás entidades locais de carácter supramunicipal:


Artigo 6: Competencias das entidades locais supramunicipais:

  1. Corresponden ás entidades locais supramunicipais, sen prexuízo das competencias establecidas pola lexislación de réxime local, as seguintes atribucións:
    • A promoción dos recursos turísticos e xeodestinos, segundo a definición contemplada no artigo 23.1, que se determinen dentro do seu ámbito territorial, en coordinación con todos os entes locais afectados e a Administración autonómica.
    • O asesoramento e apoio técnico aos entes locais do seu ámbito territorial en calquera aspecto que mellore a súa competitividade turística.
    • A articulación, coordinación e fomento das estratexias de promoción derivadas do ámbito privado do sector turístico.
    • A contribución, a instancia da Administración autonómica, á formulación dos instrumentos de planificación turística.
  2. As entidades locais supramunicipais exercerán as súas competencias turísticas en coordinación coa consellería competente en materia de turismo e demais administracións do seu ámbito territorial.

Ademais de levar a cabo as actuacións determinadas pola lexislación, a Deputación de Lugo é a entidade titular do produto “Rutas Fluviais polo Miño e o Sil” que desde o ano 1993 ten por obxecto a contribución ao desenvolvemento turístico da provincia de Lugo.


Consulta aquí a web de compra de billetes para percorrer en catamarán os “mares interiores de Galicia"

Catamaranes