O Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020.
Para dar resposta de forma planificada ás súas competencias en materia de Turismo, a Deputación de Lugo elaborou en 2017 o Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020. Os alicerces deste Plan foron: a redefinición do modelo de xestión e gobernanza turística do territorio, o desenvolvemento dunha oferta diferencial, a consolidación da tendencia á alza da demanda turística, a mellora da competitividade e a dotación ao sector de ferramentas para a innovación.
Os obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo foron definidos despois dun proceso de participación no que estiveron presentes case 250 axentes de todos os ámbitos e sectores vinculados co turismo.
Preme na seguinte imaxe e consulta o resumo da memoria do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020: