A Rede De Turismo Científico Montañas de Ancares e Courel (TCMAC) nace ao abeiro do proxecto desenvolvido polo selo de certificación OBSERVER® Turismo Científico para a Deputación de Lugo, denominado: "Creación dun Ecosistema de Turismo Científico para as Montañas de Ancares e Courel", ano 2019.
O territorio formado por 16 Concellos que compoñen as MONTAÑAS DE ANCARES E COUREL foi certificado polo selo OBSERVER® de Turismo Científico o 1 de marzo de 2019 como DESTINO DE TURISMO CIENTÍFICO, baixo a categoría de RESERVA CIENTÍFICA OBSERVER®.
O obxectivo desta rede é o de conectar de maneira eficiente a todos os actores que forman parte do chamado "Ecosistema de Turismo Científico" para estas montañas, que son:
Esta rede creouse coa clara intención de ser unha plataforma de difusión, cooperación e deseño de novas estratexias para o desenvolvemento do modelo de turismo científico de Ancares e Courel posto en marcha en 2019, e do que o proxecto "Creación dun Ecosistema de Turismo Científico para as Montañas de Ancares e Courel" senta as bases.
A estrutura da REDE está composta por un Comité representativo de cada un dos principais actores antes citados, sendo a súa coordinación exercida pola Deputación de Lugo.
Á marxe deste comité, a rede ten os obxectivos de acoller a un número de membros relevante: concellos, fundacións, investigadores, empresas, e a todos aqueles representantes sociais que podan resultar de relevancia para a consolidación do modelo de turismo científico. No momento da súa constitución a REDE parte con máis de 50 membros con implicación directa no territorio.
Tamén resultará esencial a abordaxe, a través desta rede, dunha planificación para a creación de accións de cooperación para o desenvolvemento de novas estratexias en materia de turismo científico e que deben ser tratadas entre os membros da Rede.
Para acoller as opinións de todos os membros e establecer temas de discusión estratéxica foi deseñado un FORO DIXITAL, que mediante un rexistro previo, cada persoa integrante poderá participar nos debates establecidos e achegar información relevante para o desenvolvemento do modelo de turismo científico de Ancares e Courel.