Xeoturismo na provincia de Lugo


Nos últimos tempos, a provincia de Lugo desenvolveu iniciativas pioneiras en Galicia no ámbito do xeoturismo, unha modalidade que ten como obxectivo a divulgación da xeodiversidade do territorio co fin de conservar o seu patrimonio natural.
A través desta proposta, realizaremos un completo percorrido pola historia xeolóxica de Galicia que nos levará a visitar inmensas superficies de erosión mariña como a rasa litoral, afloramientos dos antigos fondos do mar producidos pola oroxenia alpina e que hoxe forman grandes pregamentos tombados como o sinclinal de Campodola- Leixazós no Courel; pegadas glaciares como o Pedregal de Irimia , en Meira, ou a lagoa de Lucenza e A Devesa da Rogueira; fosas tectónicas afundidas que propiciaron o profundo encaixonamiento de cursos fluviais como o do Sil e unha extraordinaria riqueza mineral que no seu día derivou no desenvolvemento económico das serras orientais grazas ás explotacións auríferas e, de maneira máis recente, ás louseiras.