ZEC Pena Veidosa

Este agreste espazo natural, que forma parte da Serra Martiñá, sobresae pola súa frondosidade forestal, repartindo a súa extensión de 2.321 Ha entre o municipio lucense de Carballedo e os ourensáns de San Cristovo de Cea e Vilamarín.

Os seus valores ecolóxicos veñen dados fundamentalmente pola súa diversidade faunística, en especial no que se refire a especies das que restan moi poucos exemplares e entre as que destaca a presenza de aves como o azor común, o gavilán común, a curruca rabilonga, o zorzal común, o chotacabras europeo, a píntega rabilonga, o alcotán europeo ou o aguilucho cincento. Destacan tamén especies como o lagarto verdinegro, a píntega rabilonga, a vacaloura, diferentes tipos de morcegos e, dentro da flora, o esfagno.

Imaxe
Pena Veidosa