Cova do Rei Cintolo
Situada no municipio de Mondoñedo no lugar de Supena, parroquia de Argomoso, esta cavidade cárstica de máis de 6000 metros explorados presume de ser a máis grande de Galicia e é un dos seus grandes prodixios xeolóxicos.
Foron diferentes estudos arqueolóxicos os primeiros en poñer de manifesto o interese científico desta cova, permitíndonos seguir a pegada dos nosos devanceiros. Así, ao achádego de material de sílex sucedeuse o de restos humanos do Paleolítico Superior e, posteriormente, o de evidencias que falan dunha ocupación en época medieval.
O interior desta cova, case virxe, divídese en catro seccións nas que se atoparemos estalagtitas, estalagmitas, coadas e columnas observables nas súas diferentes salas e galerías, espazos moitas veces de angostas proporcións. Polo interior da cova discorre o río Celtas, que foi esculpiendo o corazón deste lugar, alimentando o seu lago interior.
A cova é un importante refuxio de morcegos e escenario de lendas populares que nos falan dunha princesa prisioneira atrapada na cova polo feitizo dun bruxo.
O concello de Mondoñedo organiza desde a súa oficina de turismo visitas guiadas á cova acompañadas por un espeleólogo profesional. Igualmente, nas proximidades da cova atópase o centro de interpretación da Prehistoria, onde se pode profundar no coñecemento dos aspectos históricos, arqueolóxicos, etnográficos e naturais de Mondoñedo.
Máis información:
Oficina municipal de turismo de Mondoñedo:
Praza da Catedral, 34. 27740 Mondoñedo
Telf. 982 50 71 77
Centro de Interpretación da Prehistoria:
Vilar. Mondoñedo
Telf. 982 50 71 77