As praias do litoral lucense
Con máis de 100 quilómetros de lonxitude, a costa de Lugo constitúe un dos puntos de maior interese xeolóxico a nivel internacional. Na súa zona leste, entre os municipios de Burela e Ribadeo, esténdese a rasa cantábrica, un tramo litoral de xisto e lousa practicamente chan, cunha anchura de entre 3 e 5 quilómetros e unha altitude que oscila entre os 110 e os 20 metros.
Neste inconfundible marco de diversidade, ábrense ao Cantábrico máis de 60 praias e calas, algunhas abrigadas con augas tranquilas para o goce de baños en época estival e outras en mar aberto, cuxa ondada as converte en auténticos templos para a práctica de surf e doutros deportes acuáticos.
Máis información nas seguintes ligazóns:
Praias de Ribadeo Praias de Barreiros Praias de Foz Praias de Burela Praias de Cervo Praias de Xove Praias de Viveiro Praias do Vicedo