Monumento Natural do Souto da Retorta

O coñecido como "O eucaliptal de Chavín" está situado no municipio de Viveiro e foi declarado Monumento Natural no ano 2000. A plantación dos aproximadamente 600 eucaliptos que integran este espazo foi realizada entre finais do século XVIII e comezos do século XIX coa finalidade de drenar o terreo ante as frecuentes enchentes do río Landro.

Actualmente, debido ás dimensións que acadaron determinados exemplares, tanto en altura como en volume, é posible afirmar que nos atopamos ante algúns dos maiores eucaliptos do continente europeo. No catálogo de árbores senlleiras de Galicia, este eucaliptal aparece declarado como formación singular e o seu exemplar máis groso, coñecido popularmente como “o avó de Chavín”, tamén está declarado árbore singular.

A este monumento natural accédese camiñando, sendo posible realizar un agradable polas súas inmediacións ata a antiga fábrica da luz de Chavín e ata a fervenza, coñecida como "O salto do can.

 

Máis información:

Oficina de Turismo de Viveiro

Avda. Ramón Canosa, s/n 27850 Viveiro - Lugo

Telf. 982 560 879

 oficinaturismo@viveiro.es

 

Imaxe
Chavín