Para promocionar a gastronomía lucense e os produtos autóctonos da provincia, a Deputación e a Asociación de Hostaleiros de Lugo promoven a campaña ‘Exaltacións gastronómicas....e para comer, Lugo’ na que participan 50 establecementos de 23 concellos.
Entre abril e novembro de 2019, estes restaurantes introducirán nas súas cartas menús cos produtos lucenses da mellor calidade como a merluza de Burela, o queixo do Cebreiro ou o porco celta....entre moitos máis das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas da provincia de Lugo. Acompañaranse de pan e galletas Daveiga, viño DO Ribeira Sacra e augardentes e licores tradicionais.
Anímaste a unha escapada gastronómica pola provincia de Lugo?. Estas son as datas, os restaurantes e os menús que poderás degustar.
Son Val, de Antas de Ulla; O Asador, de Barreiros; A Lonxa, Cervecería Kiko y Casa Miranda, de Burela; Río Lea, de Castro de Rei; Río de Oro, de Cervo; Os Pendellos Pulpería, Daydos y A Faragulla Brasería, de Chantada; Cantábrico y Complejo O Piñeiral, de A Fonsagrada; Casa Damián, O Lar, Xoyma y Hotel Leytón, de Foz; Casa Benigno, de Friol; Casa Gaibor, de Guitiriz; Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta de Santiago, Casa María, O Cincuenta e Seisy Canedo, de Lugo; A Horta de Paula, de Mondoñedo; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró y Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos; O Rincón y Parada das Bestas, de Palas de Rei; Rectoral de Castillón, de Pantón; Sabe, de O Páramo; Casa García, de Pedrafita do Cebreiro; San Briz, da Pontenova; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo y A Mirandilla, de Ribadeo; Ponte Ribeira, de Sarria, y Parador de Vilalba, Montero y Mesón do Campo, de Vilalba.
Nas xornadas empregaranse produtos de 21 Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida:
Descarga o díptico informativo aquí
Máis información en http://eparacomerlugo.com/